As compañeiras Sara e Aroa, delegadas sindicais en Unísono, comparten connosco as súas experiencias sindicais repletas de continuas loitas e conflitos coa patronal nun sector tan duro e precario como o telemarketing. O conflito, que actualmente desembocou en mobilizaciones, non é novo, se tratá dunha vella disputa coa patronal polo calendario vacacional.
Xylon reduciu en pouco tempo drásticamente a súa plantilla de case 60 a apenas 20 e sigue despedindo, para iso contratou a un liquidador. Sobran as e os traballadores o importante e facer diñeiro rápido vendendo o produto. Este é o seu sistema, o seu capitalismo, onde sobran as persoas e só caben as mercancias.
De novo concentrámonos diante do Hotel Bahía de Vigo para esixir a readmisión das 23 traballadoras despedidas arbitrariamente. Que nin por un momento pense a patronal hoteleira que vannos facer mella coas súas ameazas e insultos. para esixir a readmisión das 23 traballadoras despedidas arbitrariamente. Que nin por un momento pense a patronal hoteleira que vannos facer mella coas súas ameazas e insultos.
Imos repetilo unha e outra vez ata que as traballadoras da cadea de Cafeterias Pili cobren todos os salarios atrasados. Paga dunha vez, deixate de mentiras e ameazas e paga o que debes as traballadoras.
Continuamos denunciando os abusos da patrona propietaria da cadea de «Cafeterias e panaderias Pili». Contra os seus enganos e burlas, mobilizámonos. Contra as súas ameazas e insultos as traballadoras, respondemos coa nosasolidariedade de clase concentrándonos na porta dos estabrecementos. Non habrá tregua ata que pague todos os salarios atrasados.
Se nos tocan a unha, tocannos a todas!
Se nos tocan a unha, tocannos a todas e non imos parar ata que se readmita ás 23 do Bahía. Continuando coa nosa xeira de mobilizacións o mércores 20 realizamos esta manifestación ata a porta do Hotel Bahía de Vigo para deixarlle ben claro a patronal hoteleira que non imos dar nin un paso atras. Contra o despedimento, as ameazas e insultos nós respondemos con máis mobilizacións nas rúas.
A patrona, propietaria da «Cafetería Pili» entre outros negocios de restauración, débelles o salario ás traballadoras desde Decembro. Catro destas traballadoras denunciaron a dramática situación laboral que sofren, sen cobrar e cansas de tantos enganos, insultos e humillacións. No SMAC, a patroa volvio a ofrecer o abono da débeda en custión de días resultando ser unha promesa máis incumprida para gañar tempo ou desmoralizar ás 4 traballadoras no seu afán de facer xustiza. Para apoiar ás traballadoras da «Cafetería Pili» realizamos unha primeira concentración diante da porta desta cafeteria – panaderia solicitando á clientela deste establecemento non consumise en solidariedade coas traballadoras.
A concentración foi un éxito e desde CGT Vigo lanzámoslle unha mensaxe clara á patrona de que se non se aviene a pagar o que debe seguiremos concentrándonos na porta. As nosas únicas armas son a razón e un megáfono co que interpelar a solidariedade da sociedade.
O Hotel Bahía negase a readmitir ás 23 traballadoras inxustamente despedidas tratandoas ademais con amenazas e insultos cada vez que elas exercen o seu dereito a protestar. Pero non as vai a facer calar, este mércores 20 ás 11h imos todas e todos en manifestación dende a Farola de Urzaiz ata a porta do Hotel Bahía Vigo. #As23doBahía
Este venres 15 ás 10:30h, concentrámonos diante da Cafeteria Pili para esixirlle que pague os salarios atrasados. As catro traballadoras desta cafetería levan desde decembro sen cobrar.
Comezamos a 4ª semana de mobilizacións cunha caravana de concentracións polos hoteis de Vigo e Coruña demandando a readmisión das 23 traballadoras despedidas do Hotel Baía de Vigo​.
O Director deste hotel, lonxe de achegarse a negociar unha solución, respondeu con ameazas de «peche patronal» e despedir ao resto do persoal, con denuncias por «agresión sonora» e encomendandose ao acoso policial ás traballadoras concentradas cada día na porta do hotel. Para aumentar a presión sobre o Hotel Baía, Nortempo e mandarlle unha mensaxe clara ao Director do hotel, ampliamos o campo de acción a todos os hoteis de Vigo que pertencen á federación de hoteis que preside o mesmo director. Non haberá tregua ata que readmitan ás traballadoras despedidas subrogandolas así a nova contrata de limpeza, Nortempo.
Ademais grazas ao apoio das e os compañeiros de CGT A Coruña estendemos a protesta a hoteis desta outra cidade galega onde Nortempo ten contratos de limpeza.
A cada ameaza ou agresión respondemos con máis mobilizaciones ata que consigamos as readmisións.