A Confederación Xeral do Traballo inicia na Coruña o seu XVII Congreso Confederal reivindicando o seu modelo alternativo fronte á institucionalización de CC OO e UGT e anuncia mobilizacións para a defensa das pensións e os dereitos laborais e sociais

A reivindicación dun modelo sindical combativo, fronte á política do Goberno e os recortes laborais e sociais, protagonizou a apertura do congreso confederal da CGT, que se desenvolverá ata este domingo no Paraninfo da Universidade da Coruña.

É a mensaxe que expresou hoxe o secretario xeral, Jacinto Ceacero, fronte a máis de 450 delegados e delegadas do sindicato chegados de todo o estado español. Así, a CGT representa un anarcosindicalismo alternativo, fronte á institucionalización e burocracia que representan os sindicatos ‘maioritarios’ CC OO e UGT.

Ceacero tivo palabras tamén para a corrupción política e social, no mesmo día en que se coñeceu que a Xuíza Alaya, que instrúe o caso dos EREs en Andalucía, admitiu á CGT como personación particular.

Si defendeu o secretario xeral saínte, a confluencia con outras organizacións sindicais e sociais afíns, en mobilizacións como a folga xeral no sector educativo, ou a defensa das pensións, o próximo 24 de outubro. O obxectivo é «reconquistar os dereitos perdidos fronte ao seu espolio absoluto» no contexto de crise capitalista actual.

Ver vídeo da apertura do XVII Congreso Confederal: http://youtu.be/X0ueehdY3jw

Neste congreso, onde están representadas todas as ramas de produción da CGT, que conta con máis de 80.000 afiliados/ás e uns cinco mil delegados/ás en todo o estado, debateranse ademais a acción sindical e as estratexias de loita para os próximos catro anos. E elixirase o novo secretario xeral, cargo para o preséntase unha soa candidatura, a do representante sindical do sector ferroviario José Manuel Muñoz Poliz.

Centro de Prensa do XVII Congreso Confederal da CGT

Comparte esta entrada ...