Na xuntanza dos participantes locais da Plataforma Galega de apoio ás Marchas da dignidade de Pontevedra (a Madrid, 22 de Marzo), celebrada este xoves, 27 de febreiro, no edificio sindical, acordouse continuar a organización da Marcha "Pontevedra-Madrid" e o Tren da dignidade, cos seguintes actos:
– Do 3 ó 12 de marzo, todos os días – As persoas, colectivos sociais e organizacións interesadas en participar na Marcha "Pontevedra-Madrid" e acudir a manifestación do 22 de Marzo no "Tren da dignidade", poden recoller os billetes na sede da CGT (Edificio sindical, r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta) de 19,30h a 21:00h
– Día 7 de marzo (venres) – Roda de prensa da Plataforma Galega, baixo o lema "Pontevedra na loita da dignidade", ás 12:00h, no Edificio Sindical.
– Día 7 de marzo (venres) – Presentación da Marcha e Tren da dignidade, por todos as persoas, colectivos sociais e organizacións participantes, ás 19,30h, na Sala «Sargadelos».
– Día 13 de marzo (xoves) – Manifestación e chamamento final a participación en Madrid o 22 de marzo. A manifestación sará da Praza da Ferrería, ás 20:00h.
A CGT de Pontevedra- Arousa fai un chamamento a toda a súa afiliación e a clase traballadora en xeral para que se incorpore a estas accións contra o paro, os recortes e contra a política económica e social do goberno, e as difunda para seu maior éxito.
Comité Local CGT Pontevedra – Arousa
A
A vindeira semana, a loita dos traballadores e traballadoras dos centros de atención telefónica de Movistar, subcontratados a través das empresas Extel e Atento, se extenderá polas rúas da cidade, con concentracións diante das tendas de Movistar: o luns 24 ás 12 horas, na tenda de Praza de Pontevedra, e o xoves 27, ás 19 horas, na tenda de Catro Camiños.
A Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade, da que forma parte a CGT, acordou a convocatoria de manifestacións de apoio á iniciativa que fará confluir, o 22 de marzo en Madrid, as distintas marchas que se están a organizar en todo o estado.

As traballadoras e traballadores subcontratados por Movistar a través das empresas Atento e Extel pararán o vindeiro mércores, 5 de febreiro, unha hora pola mañá e outra pola tarde (de 12:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 20:00).