Unísono: a empresa que non respecta a ninguén.

Unísono é unha empresa do sector do telemarketing que non respecta a ningún órgano xudicial, nin a Inspección de Traballo, nin ós seus traballadores e os seus representantes sindicais.

Fai pouco o Tribunal Supremo dictou sentenza firme confirmando unha sentencia da Audiencia Nacional na que daba a razón á CGT no tema das pausas de visualización de datos (PVD) e recoñéce dita orden xudicial un descanso de 5 minutos por hora de traballo polo que os traballadores ián ter dez minutos de descanso máis. Pois ben a empresa só recoñece cinco  dos dez minutos.

Read More

 

 

 

As organizacións «progresistas» tamén se aproveitan da Reforma Laboral

A ong "AMARANTE" despide a unha traballadora amparándose na reforma laboral

A ONG Amarante, coñecida polas súas campañas en defensa dos dereitos das persoas traballadoras nos países do Sur e por manter un discurso antisistémico -de feito, foi unha das impulsoras dunha rede anticapitalista a nivel galego- decidiu, ante os problemas económicos polos que está a atravesar, despedir á súa única traballadora fixa en activo argumentando despido obxectivo por razóns económicas.

Non só resulta curioso que unha organización que se laia de pretender transformar a sociedade empregue as mesmas "armas" que as empresas capitalistas que se guían exclusivamente polo beneficio, senón que incluso teña tan pouco "tacto" que formalice o despedimento da súa traballadora (socia da ONG e ata ben pouco membro da directiva que decidiu o seu despido) o mesmo día da aprobación definitiva da nova Reforma Laboral, tan só unhas poucas horas despois. A ONG argumenta para xustificar o despido a falla de rendabilidade da súa tenda de comercio xusto en Vigo (sita na rúa Canceleiro, 5), o mesmo argumento empregado unha e mil veces polas empresas.

Ao mesmo tempo, a ONG négase a asumir a proposta que lle fixeron as organizacións sindicais representantes das traballadoras (CGT e máis CUT) de suspender o despido (efectivo dende o 30 de setembro) e sentarse a falar para ver de chegar a unha solución, que aínda que sexa traumática, fóra consensuada con todas as traballadoras. É máis, durante a xuntanza mantida coas organizacións sindicais, Amarante remarcou a súa intención de que o conflicto se leve ao Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), mostrando unha actitude máis próxima ás prácticas empresariais que as de unha organización que traballa pola xustiza social.

Entendemos que con esta actuación, o único que está a conseguir a ONG é o desprestixio da súa acción solidaria e a incoherencia das propostas que dí defender. En outras palabras, non se pode realizar accións en países coma Marrocos para sensibilizar sobre os dereitos que lle asinten ás mulleres traballadores do textil, mentras se mantén unha posición claramente belixerante con estes mesmos dereitos na súa propia xestión de persoal.

Dende as organizacións sindicais queremos manifestar que si Amarante asume un comportamento claramente empresarial, ambalas dúas centrais sindicais se verán obrigadas a manter con esta ONG a mesma actitude que mantén coas organizacións empresariais, emprendendo as accións oportunas para garantir o cumprimento dos dereitos das traballadoras.

 

15-O, Manifestación en Vilagarcía

A CGT convoca manifestación en Vilagarcía en defensa dos postos de traballo en Alfageme -ameazada de peche por intereses especulativos, financieiros e políticos alleos á actividade industrial conserveira-, e do tecido industrial dunha comarca, o Salnés, que supera a día de hoxe os 10.000 parados. A Manifestación terá lugar en Vilagarcía o venres, 15 de outubro, a partir das 20:00h, con saída dende a Praza de Ravella.
Comité Local CGT-Arousa e Pontevedra

 

Exito da mobilización de CGT en Vigo

Despois de toda unha noite de piquetes centrados fundamentalmente nas empresas do telemarqueting e en Citrà¶en, a manifestación convocada por CGT en Vigo ás 12 da mañá resultou un éxito absoluto e se convirte na mobilización máis grande convocada pola Federación Local. Aínda que a prensa, «El Mundo»Â  nos outorga 3.000 participantes, cifras máis cercanas a realidade poden ser sobre 2.000. Hai que lembrar que esta manifestación foi convocada exclusivamente pola Federación Local de Vigo.

A mobilización foi un tanto accidentada, xa que non poido rematar onde tiña previsto (a praza da Estrela) debido a que a Subdelegación do Goberno autorizou a última hora e sen informarnos a modificación do remate da manifestación de CC.OO e UGT en principio prevista para a Porta do Sol e que finalmente rematou na praza da Estrela. Ao remate da manifestación, que finalmente foi na Porta do Sol, o secretario xeral do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, dirixiuse aos manifestantes para lembrar que a folga xeral non é o final das mobilizacións e que CGT comezará a partir do dia 30 de setembro a planificar novas accións.

Rematada a manifestación un nutrido grupo de compañeiros/as constituise en piquete para impedir a entrada dos quebrafolgas nas quendas de tarde.

 

Pontevedra, 29 de setembro

O éxito da folga xeral en Pontevedra, Marín e toda a bisbarra, colmou con creces ás previsións e esperanzas da CGT, agás o reducido seguimento entre os funcionarios das delegacións territoriais da Xunta, do ensino e da administración central. Descontados os servizos mínimos, o paro foi practicamente total, próximo ó 90%, nos sectores industriais e de servizos (porto e actividades portuarias, transportes, talleres, construción, metal, celulosas, banca, etc), xeneralizado nos distribuidores e comercios máis grandes e supermercados (Zara, Froid, Carrefour, etc) e moi amplo incluso no pequeno e mediano comercio e hostalería. Read More

 

Xornada de Folga Xeral do 29-S na Coruña (II)

Sobre as 14 horas finalizou a manifestación convocada pola CGT da Coruña e que, partindo da Praza de Portugal, recorreu as principais rúas do centro da cidade. Cerca de 500 manifestantes integraron esta combativa manifestación. Durante o percorrido da mesma corearonse numerosas consignas contra a reforma laboral, os despedimentos e expedientes de regulación de emprego, contra os gobernos e a patronal, e a favor da folga xeral.

Video da chegada á praza de Ourense da Manifestación da CGT  na Coruña  o 29-S

Ao chegar fronte á Delegación do Goberno, un portavoz da Federación Local Obreira deu lectura a un comunicado animando á clase traballadora a continuar dando resposta contundente ás agresións do capital e o goberno contra os nosos dereitos e condicións laborais.

 

Xornada de Folga Xeral do 29-S na Coruña

Crónica do seguimento da xornada de Folga Xeral do 29 de setembro na cidade e comarca da Coruña:

29 de Setembro. 00:00
Dende as 21 horas, varios piquetes de militantes da CGT percorren as rúas e os polígonos industriais.
No polígono de Sabón, fronte á empresa Inditex-Zara, un grupo numeroso de traballadores en folga consiguen paralizar os cambios de quenda de traballo na factoria e a entrada de camións, cun seguimento prácticamente total do paro.
Na quenda de noite de Correos, o paro xeral é secundado por un grande número de traballadores, os máis novos e precarizados, con cifras sempre superiores ao 50%
Fronte á entrada da empresa Atento, do sector do telemarketing, se concentra un piquete de CGT, informando aos escasos traballadores que tentan entrar na empresa para a quenda de noite.
Non hai incidentes.
Read More