As traballadoras de Alfageme permanecen pechadas desde esta mañá na sede da Xunta de Galicia en Pontevedra, ante o silenzo covarde da Administración autonómica sobre a solución para a reapertura da empresa. Neste peche participan tamén catro representantes sindicais da CGT na empresa, así como o secretario do sindicato en Vilagarcía e a asesora laboral.