Asemblea da CGT de Pontevedra

O luns, 23 de maio, ás 20:00 horas. A CGT de Pontevedra fará unha Asemblea Xeral para tratar a orde do día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que terá lugar en Pontevedra os días 28 e 29 do mesmo mes, de cara ao Pleno de Confederacións Territoriais da CGT que se vai celebrar en Alicante. Os libros de ponencias do Pleno de Alicante están no local de Pontevedra e Vilagarcía a disposición de todos os afiliados.

CGT – Pontevedra

 

 

1º de Maio en Vigo

Cerca de 2000 persoas manifestaronse onte en Vigo Contra a criminalización da clase obreira e contra o pacto social, na convocatoria conxunta das centrais sindicais CGT e CUT.

A manifestación, marcada pola combatibidade, rematou na Porta do Sol ca lectura dos manifestos dos sindicatos convocantes. No manifesto final a CGT destacou o forte retroceso en dereitos que está a padecer a clase traballadora

Read More

 

Mobilización de CGT o 1º de Maio en Vilagarcía

Casi un centenar de persoas participaron onte na manifestación convocada por CGT para este 1º de Maio en Vilagarcía. Encabezados pola pancarta "Contra a política económica e social do goberno … a loita continúa" os manifestantes recorreron as rúas de Vilagarcía, dende a Praza Ravella ata a Praza de Galicia, onde o Secretario da comarcal de Pontevedra e Arousa pechou o acto reivindicativo cun mitin sobre o significado na actualidade -temporal e xeográfica- desta data de solidariedade e mobilización obreira internacional.

CGT-Arousa

 

1º de maio na Coruña

Ás doce e cuarto do mediodía, da Praza de Pontevedra da Coruña, saía a manifestación do Primeiro de Maio convocada conxuntamente pola CGT e a CUT. Tras a cabeceira, que tiña como lema «Contra o paro e o capital, chegou a hora da rebelión», uns trescentos manifestantes percorreron as rúas máis céntricas da cidade para amosar o seu radical rexeitamento á situación actual.

«Comisións, UXT, sindicatos do poder», «Unión, acción, autoxestión, chegou a hora da rebelión», «Contra o paro, contra os despidos, contra os EREs, contra o capital, contra o pensionazo, loita obreira», «Obreiro despedido, patrón colgado», «Obreira despedida, patrón colgado«, e berros pola acción directa foron as consignas máis coreadas.

A manifestación fimalizou, pasada a unha da tarde, na Praza do Humor, onde se leron os manifestos das dúas organizacións sindicais. Para rematar, cantáronse «A las barricadas» e «A Internacional», e se deron vivas ao Primeiro de Maio, á CGT, á Clase Obreira e ao Comunismo Libertario.

 

Amarante Setem recoñece dous despidos improcedentes despois de sete meses de conflicto laboral

Nengunha das catro traballadoras que se viron inmersas no conflicto continúa traballando na ONG.

No mes de setembro de 2010 foi despedida a única traballadora indefinida da entidade utilizando a figura de despido obxectivo, figura regulada polo estatuto dos traballadores que se fixo "popular" pola lectura laxa que dela se fai a través da reforma laboral…

Read More

 

Manifesto da CGT da Coruña ante o Primeiro de Maio

A CGT da Coruña, ven de facer público o seguinte manifesto:

«CONTRA A CRISE. É HORA DE PASAR Á ACCIÓN

 O 1º de Maio é unha data especialmente simbólica para a clase traballadora de todo o mundo. Con ela lembramos e recuperamos a heroica loita dos traballadores asasinados pola patronal en Chicago en demanda da xornada de oito horas, aló polo ano 1886.
Hoxe, no 2011, temos que seguir aínda con máis contundencia, porque o ataque que estamos a sufrir por parte do capital recorda o salvaxismo patronal de épocas que algúns crían xa pasadas.

Read More

 

 

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña volverá saír ás rúas da cidade. A manifestación, convocada conxuntamente coa CUT, sairá, ás 12:00 horas, da Praza de Pontevedra e percorrerá o centro urbano para rematar na Praza do Humor.

Para a CGT, é hora de que a clase traballadora se rebele contra a insoportable situación á que o capitalismo e os seus lacaios, a clase política, nos están levando. A dramática situación de 5.000.000 de parados está sendo utilizada pola patronal e os gobernos para aplicar uns recortes sociais e unhas condicións de traballo inaceptables hai ben pouco. Pero, a pesar do conto interesado da crise, a CGT non traga e non está disposta a seguir a outros sindicatos nas prácticas desmobilizadoras e pactistas.

Este Primeiro de Maio, máis que nunca, chegou a hora da rebelión.

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!