Cerca de 2000 persoas manifestaronse onte en Vigo Contra a criminalización da clase obreira e contra o pacto social, na convocatoria conxunta das centrais sindicais CGT e CUT.

A manifestación, marcada pola combatibidade, rematou na Porta do Sol ca lectura dos manifestos dos sindicatos convocantes. No manifesto final a CGT destacou o forte retroceso en dereitos que está a padecer a clase traballadora

no seu conxunto, fíxose un repaso aos conflictos abertos na bisbarra: ERE de Rodman, represión sindical en Citroà«n e Elyme,  e tamén se tocou o contexto internacional de guerra cunha aposta decidida polo antimilitarismo e o apoio a iniciativas como a Obxección Fiscal aos Gastos Militares. Se ben, cabe destacar neste alegato final o apoio aos compañeiros da CUT detidos e encarcerados pola súa actividade sindical, quizais este ano o protagonismo principal foi para eles, esixindo a súa inmediata posta en liberdade.

Comparte esta entrada ...