A Sección Sindical da CGT en Sykes apoia e chama a participar activamente en tódalas mobilizacións convocadas en protesta pola perda de mais de 300 postos de traballo como pretende a empresa. Onte, deron inicio estas mobilizacións cun paro dunha hora en cada quenda de traballo e unha concentración de preto de 100 persoas ás portas de Sykes.
Unha vez rotas as negociacións coa empresa por parte doutras organizacións, a Sección Sindical de CGT defenderá, como ben facendo, o establecemento dun calendario de mobilizacións unitario por parte de tódalas centrais sindicais. Ademais a CGT en Sykes reclama á Inspección de Traballo que interveña no conflicto en resposta á denuncia presentada.
Polo de agora, os vindeiros paros e concentracións convocados son:
o luns, 15 de febreiro de 12:00 a 12:30,  e de 18:00 a 18:30; e o martes, 23 de febreiro, 12:00 a 12:30 e de 18:00 a 18:30.

Mais información en CGT en Sykes Coruña

Comparte esta entrada ...