O pasado venres, 22 de xaneiro, tivo lugar a manifestación convocada pola CGT de Arousa en defensa dos postos de traballo nas catro fábricas de Alfageme e do tecido industrial conserveiro na comarca de Arousa e o Salnés. A manifestación discurriu por rúas principais de Vilagarcía. Saiu da Praza Ravella e rematou na Praza de Galicia, contando coa participación de máis de cen persoas.