A CGT da Coruña convoca, este Primeiro de Maio, unha manifestación que se iniciará na Praza de Pontevedra ás 12 horas e que rematará na Praza do Humor. O percorrido se realizará pola rúa de San Andrés, Rúa Nova, Rúa Real, San Nicolás e San Agustín. O lema da manifestación é "Contra a explotación, organízate e loita", e terá como eixo central da mobilización a deslocalización que se está a sufrir en diversas empresas da comarca coruñesa (La Toja, Atento, etc..).

Despóis da manifestación, celebrarase un Xantar de Confraternización Confederal no monte Xalo.

 CGT da Coruña
 

Comparte esta entrada ...