A CGT de Pontevedra, en xuntanza cos sindicatos e entidades sindicais integrantes da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, convoca á manifestación «Contra os recortes antisociais e o desmantelamento dos servizos públicos», que o próximo luns, día 15 de outubro, ás 20:00 horas, sairá da Praza da Ferrería de Pontevedra.
Temos que amosar a nosa protesta polos recortes antisociais dos gobernos e polo desmantelamento dos Servizos Públicos, que están afectando aos sectores máis débiles da poboación. Ao mesmo tempo, están entregando nas más privadas o que ata agora era de todos (sanidade, educación, rede ferroviaria, espazo marítimo terrestre, actividade portuaria, etc), roubándonos o que nos custou décadas acadar. A lista de agravios e danos e interminable: Nos recortan dereitos laborais e sindicais, nos baixan as prestacións do paro, fannos pagar máis polas menciñas, recortan salarios e pagas, déixannos sen vivendas… Non podemos consentir que nos sigan esquilmando e temos que paralos. E entre todos podemos.

BASTA XA DE MENTIRAS E DE RECORTES!
TODOS Á MANIFESTACIÓN O DÍA 15!

CGT-Pontevedra

Comparte esta entrada ...