A Confederación Xeral do Traballo (CGT), xunto co resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal e mailo comité de Empresa de Correos na Coruña convocan a unha concentración diante da Oficina de Correos de Boiro, o vindeiro luns, 26 de xaneiro, ás 9:15 horas pola defensa dun servizo de correos público e de calidade, e pola dignidade no traballo.
A zona de Boiro ten aumentado significativamente a súa poboación, mentres que o reparto do correo sufre a escaseza dunha plantilla que non ten rexistrado un aumento paralelo, o que deriva en volumes de reparto irrealizabeis, presións aos traballadores para aumentaren a súa xornada laboral, persecucións os traballadores que non aceitan o aumento horario con acusacións de falla de rendemento, …
Por iso, dende a CGT se demanda de Correos que as plantillas se adapten ás necesidades reais e que os compañeiros e compañeiras traballadores de Correos podan realizar o seu traballo con dignidade e que a frecuencia do reparto sexa a que marca a Lei (5 dias semanais).