Os traballadores e traballadoras de Correos na Coruña están chamados a secundar una concentración diante da Unidade de Reparto 2 da Coruña, no barrio dos Maios, a partir das 9 horas do día 3 de xuño.  A mobilización está convocada polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal para enfrontar os recortes de persoal que a dirección da empresa ten acometido nesa carteiría e que, en principio, conlevará a perda de 9 postos de reparto.
CGT en defensa de Sanidad Pública. Concentración en Pontevedra
La CGT de Pontevedra se sumará a la concentración ante el Hospital de Pontevedra que, convocada inicialmente por la plataforma SOS Sanidade Pública, tendrá lugar este jueves, 22 de mayo, a las 20,30h. La manifestación tiene por objetivo denunciar el cierre de camas previsto en los Hospitales públicos de la ciudad en este verano -entre junio y octubre-, lo que atenta directamente contra la salud y derechos sociales de los ciudadanos. Read More
Continúa o boicot aos produtos de Panrico
Os compañeiros e compañeiras de Panrico na factoría de Santa Perpetua (Barcelona) levan máis de seis meses en Folga Indefinida, defendéndose dun ERE có que se pretende despedir a unha boa parte do cadro de persoal, de xeito totalmente inxustificado ademáis de discriminatorio. O xuizo se ten celebrado o día 6 de maio, logo dun sinfín de manobras impresentables por parte da empresa e a dirección de CC.OO.
A CGT da Coruña xa tiña acordado sumarse ao boicot declarado polos traballadores de Panrico aos produtos de dita empresa e facer un chamamento á cidadanía para que deixen de mercar Pan de Molde, Bollycaos, Donuts, Donettes, Grisines, etc.
Os traballadores e traballadoras seguen a precisar da solidariedade da clase obreira. Por iso continúa a campaña de boicot aos productos Panrico ata que remate o conflito. ¡A Solidariedade é a nosa forza¡
Contra os abusos empresariais, nova xornada de mobilización en Extel e Atento na Coruña
Os traballadores e traballadoras das empresas Atento e Extel na Coruña, subcontratas de Movistar, están chamados a secundar unha nova xornada de mobilización. O vindeiro luns, 5 de maio, están convocados paros dunha hora na quenda da mañá de 11 a 12 horas e na quenda de tarde, de 18 a 19 horas. Â Esta nova xornada de loita da continuidade ás mobilizacións unitarias dos traballadores e traballadoras das contratas de Movistar, non só na Coruña, senón tamén no resto do estado español.
As sección sindicais da CGT están a impulsar a participación nestas mobilizacións, co obxetivo de manter a unidade dos traballadores e traballadoras, como se veu demostrando nos últimos meses, coa finalidade de dar a coñecer e loitar contra as agresións de Movistar e as súas contratas.
As agresións empresarias e a abusiva presión á que están sometidos os traballadores e traballadoras son os mesmos nas distintas plataformas destas empresas que traballan para Movistar: Â modificacións sustanciais con cambios de horarios, turnos, presión excesiva, despedimentos, sancións, .. e un longo etcétera de penurias que están a padecer os traballadores e traballadoras.
Durante os paros terán lugar concentracións nas portas de ambas empresas; no transcurso das mesmas, tanto en Atento como en Extel os traballadores e traballadoras formarán mosaicos cun lema de denuncia das condicións laborais que padecen.
Pontevedra, 1º Mayo anarconsindicalista
Unas 200 personas acudieron a la manifestación del 1º de Mayo convocada por CGT y CNT en Pontevedra. Desde la 1 de la tarde hasta las 2 y media recorrieron las calles pontevedresas desde la Plaza da Ferrería hasta las puertas de la Sub delegación del gobierno, donde los representantes de CGT y CNT ofrecieron sendos discursos de cierre.
Crónica do Primeiro de Maio na Coruña
Máis dun milleiro de persoas manifestáronse hoxe entre a Praza de Pontevedra e a Praza do Humor, apoiando a convocatoria que fixo a CGT con outros sindicatos (CUT, STEG, SF e SE) en conmemoración do Primeiro de Maio. Baixo o lema «POLO REPARTO DA RIQUEZA E O TRABALLO, DIGNIDADE E LOITA», as rúas da Coruña enchéronse de berros, dignidade e ira contra este sistema explotador e inxusto que estamos a sufrir. Coreáronse lemas como «É indecente, xente sen casa e casas sen xente!», «Obreiro despedido, patrón colgado!», «Queremos traballar, non emigrar!», entre outros.
Ao final do percorrido, o acto rematou coa lectura do manifesto unitario das organizacións convocantes.
Actos do Primeiro de Maio da CGT de Galicia
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) chama a participar o vindeiro Primeiro de Maio nos diferentes actos e mobilizacións que se teñen convocado en diferentes cidades galegas:
A Coruña:
- Manifestación conxunta da CGT xunto coa CUT, o STEG, o SF e o Sindicato da Elevación. Sairá ás 12:30 horas da Praza de Pontevedra.
- Xantar confederal de confraternización nos locais sindicais.
Ourense:
- Manifestación do Bloque Crítico de Ourense, formado polos sindicatos CGT, CNT, CUT, SF,
STEG e outros colectivos e individualidades. Con saída ás 12 horas dende a caseta de turismo da Ponte Romana, cun recorrido casco vello da cidade para finalizar nos Xardíns do P. Feijoo onde terá lugar a lectura do comunicado conxunto.
- Xuntanza de confraternización en Oira con xantar, postos alternativos, actividades paralelas, …
Pontevedra:
- Manifestación conxunta da CGT e a CNT que sairá da Praza da Ferreiría, ás 13:00.
Vigo:
Manifestación unitaria que sairá ás 11:00 horas da Praza de Fernando o Católico (Urzaiz) e finalizará na Porta do Sol, convocada pola CGT xunto con outras organización sindiciais: CNT, CUT, Intersindical, Sindicato de Elevación, STEG, e Sindicato de Xornalistas.
- Posteriormente, a partir das 14 horas, a CGT, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Rede Solidaria Popular, organizan os actos que se celebrarán na Plaza do Pobo – Cristo da Victoria de Coia: un xantar fraternal, con distintas actuacións musicais a partir das 15 horas, cos grupos Ostia Padre, Dr.Zaius, Dram, Perros Norteños e a Banda de Gaitas O Torreiro de Priegue (Nigrán), e un mitin coa intervención dun representante de cada sindicato e plataforma social presentes.
1º Maio en Pontevedra
O Primeiro de Maio, a CGT de Pontevedra-Arousa manifestarase polas rúas de Pontevedra, conxuntamente coa CNT.
A manifestación sairá ás 13:00h da Praza da Ferrería, seguindo o recorrido habitual ata a Alameda, diante da sub-delegación do goberno, onde terá lugar o acto-mitin de peche, coa intervención de representantes das dúas centrais sindicais anarcosindicalistas.
Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña
O vindeiro Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír en manifestarse polas rúas da Coruña. A manifestación este ano farase conxuntamente coa CUT, o STEG e o Sindicato da Elevación.
Para a CGT a situación que estamos a sufrir a clase obreira é ignominiosa e insostible. As enormes cifras do desemprego, a constante sangría de dereitos laborais e sociais, os ataques aos servizos públicos como ensino, sanidade, servizos sociais, etc., xunto coa ameaza constante ao sistema público de pensións, a pobreza, os desafiuzamentos, … fan preciso que, máis que nunca, os traballadores e traballadoras expresemos, clara e firmemente, o noso total rexeitamento e activa oposición esta situación para poñer fin a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos dereitos e intereses.
Por isto, a CGT da Coruña convoca ao pobo traballador a que participe na manifestación que o próximo Primeiro de Maio sairá ás 12:30 horas da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.
Comité Local da CGT da Coruña
Novas mobilizacións dos traballadores e traballadoras do telemarketing na Coruña
A Sección Sindicais da CGT da Coruña en Extel e Atento están a impulsar e traballar en novas mobilizacións e accións de loita dos traballadores e traballadoras do telemarketing.
Tanto Movistar como as súas contratas Extel e Atento, seguen sen atender as xustas reivindicacións dos traballadores e traballadoras que levan realizados xa tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano. Por iso, os comités de empresa de Extel e Atento na Coruña teñen decidido intensificar a loita e trasladar as nosas protestas máis alá de cada centro de traballo.
Movistar está dedicando moito esforzo publicitario en vender a imaxe dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de atención ao cliente. Pero a realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e miserables, cambios caprichosos e constantes de horarios; falta de formación, acoso diario, insalubridade e estado deficiente das instalacións, … En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo que provoque a submisión absoluta: calar e obedecer.
Por iso, os traballadores de Extel e Atento están convocados o vindeiro 7 de abril, a secundar un paro de dúas horas por quenda, de 11 a 13 e de 18 a 20 horas. Ese día de paros se celebrarán manifestacións, ás 11 e ás 18 horas, que partirán de cada centro de traballo para se xuntar diante da sé central de Telefónica (na rúa do marqués de Amboage, zona Catro Camiños). os compañeiros de Extel e Atento sairemos en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa Marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos. Como xa sucedeu no paro do pasado día 7 de marzo, todos os centros de traballo de Atento e Extel en España están convocados a secundar os paros. O Comité de Empresa de Telefónica na Coruña ten aprobado unha resolución na que amosan o seu apoio solidario aos paros convocados en Atento e Extel.
Previamente, os traballadores e traballadoras de estas empresas subcontratadas de Movistar, realizarán concentracións conxuntas en protesta pola situación laboral que están a padecer. Terán lugar diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra, o martes 1 de abril, ás 12:00 horas, e o xoves 3 de abril ás 19:00 horas.