O vindeiro 6 de novembro, xoves, están convocadas manifestacións nas principales ciudades galegas baixo o lema "Pan, Traballo e Teito" que serán o limiar da grande movilización prevista para o 29 de novembro en Compostela, co obxectivo de "tomar" a praza do Obradoiro.
As manifestacións están convocadas pola Plataforma Galega das Marchas da Dignidade da que fai parte dende o seu inicio a CGT de Galicia.
Na cidade de Pontevedra, a manifestación partirá ás 19,30h da Pasarela (Xosé Adrio – 12 Novembro) para rematar na Praza da Peregrina logo de percorrer rúas principais da cidade.
CGT Pontevedra: Concentracións en Correos
O longo deste semana, do 27 ao 30 de outubro, todos os días de 9:00h a 9:30h, os traballadores e traballadoras de Correos e a CGT concéntranse nas portas do centro de traballo da Avda. de Lugo, en Pontevedra. Denuncian os abusos, desprezos e acosos que están a sufrir a diario no seu posto de traballo, provocados polos responsables da unidade con total impunidade.
"Xa fartos, pedimos o seu cese", pois "de seguir así e non se acadan solucións, verémonos na obriga de convocar unha folga ata que esta situación remate".
A CGT da Coruña chama a manifestarse o 22 de outubro polo ensino público
A CGT da Coruña ten acordado facer un chamamento aos seus afiliados e simpatizantes a apoiar as mobilizacións en defensa do ensino público que están convocadas polas organizacións de estudantes para os vindeiros días 21, 22, e 23 de outubro, e chamar á participación activa de todos e todas na manifestación do mércores 22 de outubro ás 12 horas con saída da Praza da Palloza, xunto cos compañeiros e compañeiras do Colectivo Estudantil Libertario da Coruña (CEL). Ao remate da manifestación terá lugar unha asemblea aberta.
Comité Local da CGT da Coruña
Crónica da concentración contra a represión
Hoxe a CGT da Coruña fixo unha concentración diante da Delegación do Goberno para denunciar a represión sindical e social que se está a producir en todo o territorio español. A partir das 13:00 horas, unhas 30 persoas xuntáronse para protestar cunha pancarta alusiva. A continuación, entregaron un escrito da Delegación que dicía o seguinte:
Sr. Delegado do Goberno en Galicia
A CoruñaQueremos trasladarlle e, a través de vostede, ao Goberno que representa, o noso máis absoluto rexeitamento e indignación polas súas políticas de permanentes recortes de dereitos e liberdades á cidadanía, que están a empobrecer de xeito dramático á maioría da sociedade, xerando situacións de extrema necesidade que non estamos dispostos a consentir.
O incremento da represión policial e xudicial que están vostedes levando a cabo contra as persoas máis coherentes e activas da clase traballadora e dos movementos sociais, supón que no 2014 haxa máis de corenta procesos penais abertos contra manifestantes e folguistas, aos que se lles pide dende as fiscalías máis de cento corenta anos de cárcere e infinidade de multas económicas inasumibles, todo iso sen probar a súa implicación nin culpabilidade. Read More
Concentración contra a represión sindical e social
A CGT da Coruña convoca para o próximo martes, día 30 de setembro, ás 13:00 horas, unha concentración diante da Delegación do Goberno da Coruña (Praza de Ourense) unha concentración de protesta encontra da política de represión que o goberno está a levar a cabo con aqueles que protestan, criminalizando a disidencia e intentando amedrentar á poboación.
Nos últimos dous anos, se ven producindo a persecución de persoas que se mobilizan en contra deste sistema inxusto e desapiadado, por facer piquetes, por opoñerse a desafiuzamentos, por resistirse á arbitrariedade policial, por manifestarse contra as chamadas autoridades, etc. así, agora mesmo hai varios centos de persoas procesadas. No caso concreto da CGT, hai 52 persoas reprimidos en varios graos (peticións de prisión de ata 7 anos para algúns, de 2 e 3 anos para outros e multas de diversas contías para o resto). Para este sindicato, esta situación non se pode consentir e hai que denunciar a situación e opoñerse a ela, mostrando a solidariedade cos afectados e reclamando o desestimento da fiscalía deste sumarios e a paralisación destas políticas.
Comité Local da CGT da Coruña
Asemblea xeral
Convócase Asemblea Xeral da CGT da Coruña o próximo venres, día 26 de setembro, a partir das 19:30 horas.
Na Asemblea debatirase a Orde do Día da Conferencia de Sindicatos da CGT, que terá lugar en Xerez entre os días 21 e 23 de novembro.
O Comité Local
Concentración de Zara Loxística diante da mutua La Fraternidad
Os compañeiros e compañeiras da CGT en Zara Loxística chaman a secundar a concentración convocada polo Comité de Empresa diante da sede da mútua La Fraternidad, na Avenida do Exército nº12 baixo, que terá lugar o vindeiro venres 12 de setembro, a partir das 10 horas.
A mobilización ven motiva polo reiterado comportamento ruín e indigno da mutua e algún dos seus «profesionais» que ven tratando de xeito miserable e inhumano aos traballadores e traballadoras. O Comité de Empresa, do que fai parte a CGT, chama a todos e todas a participar para demostrar que os traballadores e traballadoras non están dispostos a que se xogue coa súa saúde.
Sección Sindical da CGT en Zara Loxística
Concentración contra os despedimentos en Extel na Coruña
A Sección Sindical da CGT en Extel na Coruña ten convocado para o vindeiro mércores unha concentración en protesta polos despedimentos que esta empresa do telemarketing ten executado nos últimos días, con absoluta impunidade e desprezo aos traballadores e traballadoras, baixo a excusa de baixo rendemento.
Os compañeiros e compañeiras de Extel veñen sufrindo despedimentos, inestabilidade laboral, perda de incentivos, aumento das sancións, cambios de horarios, peores contratos, … mais a CGT non vai a queda calada ante estos ataques e chama a participar na concentración convocada o mércores 3 de setembro, entre as 15 e as 16 horas, diante da sé da empresa, no edificio Proa en Matogrande.
Cada despedimento é unha agresión, ningunha agresión sen resposta.
Mais info no Blog da Sección Sindical da CGT en Extel na Coruña
Concentración en defensa do ferrocarril público e social na Coruña
Os traballadores e traballadoras ferroviarias das empresas ADIF e RENFE están chamados a secundar Folga os vindeiros días 31 de xullo e 1 de agosto. En coincidencia con esas datas, a CGT da Coruña convoca unha Concentración contra a privatización do ferrocarril, contra a venda do público e por un ferrocarril público e social. Terá lugar o xoves 31 de xullo na estación de tren da Coruña, ás 11 horas.
A CGT convoca folgas no ferrocarril
A CGT convoca folgas en ADIF e Renfe os días 31 de xullo e 1 de agosto ante a situación que vive o ferrocarril e en concreto
- A segregación das empresas ferroviarias, ca división de RENFE e ADIF en 4 e dúas empresas respectivamente, o que aumenta a descoordinación na seguridade na circulación e unha peor atención os clientes.
- Licitación do corredor de Levante para as operadoras privadas.
- Á falta de cadro de persoal para prestar o servizo en condicións de seguridade e calidade. En Galiza esta falta de persoal está supoñendo que en Xuño mais de 100 trens rexionais circulasen sen revisor, que os maquinistas portugueses teñan que suplir os españois na fronteira, que os cursos de formación estanse a impartir en días de lecer dos traballadores ou que en longa distancia non podan circular trens especiais por falta de maquinistas.
- Centralización das Bases de Mantemento de Infraestructura e á súa eliminación.
- Mobilizade forzosa para e externalización de cargas de traballo a empresas privadas.
- Falta de propostas de solución para as Terminais de contenedores e para a Canle de Venda das estacións de ADIF e que venden os billetes de RENFE.
- Falta de solucións para o persoal da extinta  FEVE  en canto ás habilitacións, á plena integración e garantías de futuro das e os traballadores.
- Novo regulamento de circulación que queren impoñer, sen atender ningunha das alegacións dos sindicatos, pretendendo minguar drasticamente os requisitos necesarios para garantir a seguridade na circulación.