Concentración en Correos na Coruña

A CGT en Correos na Coruña chama á participación activa na Concentración convocada pola Xunta de Persoal e mailo Comité de Empresa en defensa do dereito á saúde de to@s; contra as denegacións de licencias por enfermidade en baixas avaladas polos nosos médicos; por un control de absentismo con profesionalidade e respeto aos enfermos, … Uns servizos médicos para dar altas aos enfermos, non!!!!: Servizos médicos de prevención.

A concentración terá lugar o venres, 10 de decembro, ás 9:30 horas, diante do Edificio de Correos na Coruña

ASISTE E PARTICIPA !!!

 

Paros e concentración en Correos

Onte, 18 de novembro, a CGT, xunto con outras organizacións sindicais, convocou a tódolos traballadores e traballadoras de Corrreos a realizar paros de tres horas por quenda de traballo, nunha xornada de mobilización pola viabilidade de Correos como servizo público, contra o «apagón postal» e contra os recortes que pretende o goberno nesta empresa pública. Asemade, tivo lugar una combativa concentración diante da entrada principal da Xefatura Provincial de Correos no centro da cidade da Coruña, que rematou arrodeando o edificio, cortando o tráfico en manifestación.

Read More

 

Concentración contra as medidas económicas do goberno:

Como todos/as sabedes a Confederación leva máis de dous anos desenvolvendo unha campaña a prol da convocatoria dunha folga xeral que tentara poñer freo ás políticas postas en práctica polo goberno ao dictado do capital. O 29 de setembro, finalmente, e por presión do conxunto dos traballadores/as os sindicatos institucionais decidiron convocar esta folga.

 

 

Sancionado un delegado sindical da CGT de Unísono Vigo:

O Secretario Xeral da CGT Unísono Vigo Carlos Touza foi sancionado con dous días de suspensión de empleo e soldo no día de onte por baixada do rendemento do traballo según o artigo 69.6 do actual Convenio Colectivo de Telemarketing.

No departamento no que está Voz e Datos de Orange aumentaron o número de sanciones por este motivo nun total de 40 sancións nos últimos 3 meses por calidade producindo una situación de malestar e ansiedade nesta campaña e noutras onde tamén se sanciona.

Read More

 

La CGT de Coruña se suma a los paros del telemárquetin

La CGT de A Coruña convoca a todos los trabajadores del sector del telemarketing de la provincia a secundar paros de una hora por turno de trabajo el próximo jueves, 21 de octubre. Las movilizaciones continuarán el próximo mes con una huelga de 24 horas si persiste la actitud empresarial. Aduciendo el fantasma de la crisis, y tras muchos meses de negociación, no se ha conseguido ningún avance, debido a la dilación intencionada de todo el proceso por parte empresarial, con el objetivo de precarizar más y más este sector, incluyendo los aspectos más negativos de la reciente Reforma Laboral e, incluso, chantajeando a los trabajadores negándose a abonar la subida salarial ya pactada en el convenio anterior hasta la existencia de una sentencia firme, por la simple voracidad de incrementar sus beneficios. Read More

 

Unísono: a empresa que non respecta a ninguén.

Unísono é unha empresa do sector do telemarketing que non respecta a ningún órgano xudicial, nin a Inspección de Traballo, nin ós seus traballadores e os seus representantes sindicais.

Fai pouco o Tribunal Supremo dictou sentenza firme confirmando unha sentencia da Audiencia Nacional na que daba a razón á CGT no tema das pausas de visualización de datos (PVD) e recoñéce dita orden xudicial un descanso de 5 minutos por hora de traballo polo que os traballadores ián ter dez minutos de descanso máis. Pois ben a empresa só recoñece cinco  dos dez minutos.

Read More

 

 

 

Movilizacións e manifestación cara á Folga Xeral:

Como todos/as sabedes o día 29 de setembro está convocada unha Folga Xeral, CGT foi o primeiro sindicato en presentar a convocatoria, coincidente coa que días despois fixeron os sindicatos maioritarios. CGT leva máis de dous anos nunha campaña encamiñada a convocatoria dunha Folga Xeral, non obstante tamén sabemos que esta folga, a folga do 29 está concebida polos maioritarios como unha «lavada de cara», xa que non é lóxico convocar unha Folga Xeral contra unha lei aprobada, ¿porque agardar a que se aprobe?.