A CGT, unha alternativa sindical combativa e necesaria fronte aos recortes e o expolio de dereitos

A Confederación Xeral do Traballo inicia na Coruña o seu XVII Congreso Confederal reivindicando o seu modelo alternativo fronte á institucionalización de CC OO e UGT e anuncia mobilizacións para a defensa das pensións e os dereitos laborais e sociais

A reivindicación dun modelo sindical combativo, fronte á política do Goberno e os recortes laborais e sociais, protagonizou a apertura do congreso confederal da CGT, que se desenvolverá ata este domingo no Paraninfo da Universidade da Coruña.

É a mensaxe que expresou hoxe o secretario xeral, Jacinto Ceacero, fronte a máis de 450 delegados e delegadas do sindicato chegados de todo o estado español. Así, a CGT representa un anarcosindicalismo alternativo, fronte á institucionalización e burocracia que representan os sindicatos ‘maioritarios’ CC OO e UGT.

Read More

 

Xornadas Libertarias na Coruña: charla-coloquio «Movementos populares no norte de África»

O vindeiro mércores, 16 de outubro, ás 19:30 horas, se celebrará na Federación de ANPAS da Coruña (Rúa do Orzán, 21), unha Charla Coloquio baixo o título "Movementos populares no norte de África", con Arbi Kadri, militante libertario tunecino.

Arbi Kadri, militante libertario tunecino e licenciado en Historia pola Facultade de letras de Sousse. Participou no levantamento contra Ben Alí na súa ciudade, Regueb, provincia de Sidi Bouzid, que foi onde se iniciou o levantamento. Participou no comité de defensa da revolución que se fixo cargo do Concello de Regueb tras a caída do ditador ata a celebración das eleccións.Membro activo da Unión de Diplomad@s en Paro de Túnez (UDCT) ata este ano en que deixou a organización ao entrar a traballar este curso como profesor de Historia no Instituto de Regueb.

Esta charla enmárcase no programa das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade entre o 17 e o 20 de outubro.

Dende o pasado día 4 ata o vindeiro 16 de outubro, se pode visitar no vestíbulo da UNED da Coruña, unha exposición sobre o Esperanto que constitue un percorrido pola historia e a actualidade desta lingua universal, creada por Lázaro Zamenhof e tan vencellada ao movemento libertario.

 

Non abonda con resistir: construíndo a autoxestión. Manifestación

A CGT convoca manifestación o próximo sábado, 19 de outubro, ás 20:00 horas unha manifestación co lema «Construíndo a autoxestión» como alternativa ás contínuas agresións do capital. A manifestación sairá da praza de M.ª Pita e rematará na praza de Pontevedra, onde oradores confederais dirixiranse aos presentes.

Pancarta mani Congreso pequeña

 

Xornadas Libertarias na Coruña: Charla coloquio «A LOMCE: un novo ataque á educación»

O vindeiro martes, 15 de outubro, ás 19:30 horas, se celebrará na Federación de ANPAS da Coruña (Rúa do Orzán, 21), unha Charla Coloquio baixo o título "A LOMCE: un novo ataque á educación", con Jacinto Ceacero, Secretario Xeral e docente da Federación de Ensino da CGT.
Jacinto Ceacero es, desde 2008, Secretario Xeral da CGT. Docente e membro do Secretariado da Federación de Ensino da CGT, ven desenvolvendo a súa laboura militante e na defensa dun ensino público e de calidade desde 1977.
Esta charla enmárcase no programa das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade entre o 17 e o 20 de outubro.
Dende o pasado día 4 ata o vindeiro 16 de outubro, se pode visitar no vestíbulo da UNED da Coruña, unha exposición sobre o Esperanto que constitue un percorrido pola historia e a actualidade desta lingua universal, creada por Lázaro Zamenhof e tan vencellada ao movemento libertario.

 

Xornadas Libertarias na Coruña: Charla de Octavio Alberola

octavio-alberola-cgtO vindeiro luns, 14 de outubro, ás 19:30 horas, se celebrará na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto, no Campo de Marte, unha Charla Coloquio baixo o título "A emancipación social: delegación ou autoxestión?. Ensinanzas de século e medio de loita", con Octavio Alberola, historiador e loitador libertario contra o franquismo.
Octavio Alberola, nacido en Alaior (Menorca) en 1928 e residente en Perpignan (Francia), foi un activo loitador libertario contra o franquismo. En 1939 chega a México cos seus país e logo comeza a súa militancia anarquista, primeiro nas Xuventudes Libertarias e logo na CNT no exilio, tanto en México como logo de regreso en Europa. En 1962 forma parte da organización clandestina "Defensa Interior" constituida polo Movemento Libertario. Na actualidade participa en activamente na recuperación da memoria histórica libertaria como o "Grupo pola revisión do proceso Granado-Delgado" que, desde 1998, está a reclamar a anulación das sentencias franquistas.
Esta charla enmárcase no programa das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade. Read More

 

Xornadas Libertarias na Coruña: Charla sobre o Esperanto

Cartel exposición esperanto CoruñaNo marco das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade, o Salón de Actos da UNED acollerá o venres 11 de octubre, ás 19.30, unha Charla sobre o esperanto a cargo dun grupo de esperantistas galegos.

Na charla-coloquio participarán: Antonio Valén, autor do libro "El esperanto: lengua y cultura" y escritor en esperanto, miembro de la llamada Escuela Ibérica, un grupo de escritores que utilizan el esperanto como lengua literaria; Suso Moinhos, filólogo, traductor e docente de esperanto; Angel Borrué, licenciado en belas artes, artista e esperantista.

Dende o pasado día 4 ata o vindeiro 16 de outubro, se pode visitar no vestíbulo da UNED da Coruña, unha exposición que constitue un percorrido pola historia e a actualidade desta lingua universal, creada por Lázaro Zamenhof e tan vencellada ao movemento libertario.

 

Xornadas Libertarias na Coruña

Cartel exposición esperanto CoruñaA CGT da Coruña acolle o XVII Congreso de sindicatos da Confederación Xeral do Traballo (CGT), que terá lugar entre o 17 e o 20 de outubro de 2013.

Con motivo do Congreso, a CGT da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Libertarias que en anos anteriores estiveron adicadas á pedagoxía e á memoria histórica libertarias.

Nesta ocasión as xornadas serán mais amplas, abranguendo temáticas que van dende a autoxestión, o esperanto, os movementos populares no norte de África, a defensa do ensino público,…

Agardamos que as actividades programadas sirvan como espazo de aprendizaxe, reflexión e debate.

O Programa das Xornadas é o seguinte: Read More

 

 

Reunións preparatorias do XVII Congreso

Entre o 17 e o 20 de outubro, a CGT celebrará o seu XVII Congreso de Sindicatos na Coruña. Para preparar axeitadamente os acordos que a CGT da Coruña defenderá nese Congreso, convócanse reunións preparatorias de debate os mércores do mes de setembro e tamén o último mércores de agosto, a partir das 19 horas. Os días de debate son, pois, os seguintes: 28 de agosto e 4, 11, 18 e 25 de setembro.

No seu momento convocarase a asemblea xeral para a adopción dos acordos definitivos a principios de outubro, en data que se anunciará axeitadamente.

 

Concentración na Coruña por un ferrocarril público, social e seguro

Cartel_concentracion_tren_31072013 (2)A CGT da Coruña chama a participar na concentración que terá lugar mañá mércores, 31 de xullo, ás 19:30 horas na Estación de Trens de san Cristóbal.
Esta concentración está convocada pola Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT.
Nestes momentos, tras o gravísimo accidente ferroviario de Compostela, é máis necesaria que nunca a participación de todos e todas na defensa dun ferrocarril público e social, na esixencia dunha investigación independente dos intereses económicos e políticos, que proporcione as explicacións pertinentes e permita a depuración de todas as responsabilidades, e para que se poñan todos os medios necesarios para garantir a seguridade no transporte ferroviario.

Comité Local da CGT da Coruña