Este 1º de Maio a CGT de Pontevedra, conxuntamente co Sindicato Pontevedra Libertaria, volverá a recorrer a partir das 13:00h (Praza. Ferrería) as rúas principais da nosa cidade, para reafirmar a vixencia da autorganización da clase traballadora e a movilización social, como únicos procedementos eficaces e verdadeiros para poder rematar co estado de inxustiza e explotación que estamos a sofrir.
Lonxe de confiar a solución da nosa situación de explotación e opresión ás ilusións electoralistas, a CGT reafirmase na necesidade de continuar movilizándonos para combatir o sistema inxusto e voraz vixente e poder construir a sociedade xusta e igualitaria que merecemos.
A manifestación rematará diante da Subdelegación do Goberno (Prza. de España), coa lectura dos manifestos e mitin das organizacións convocantes.
Comité Local CGT Pontevedra e Arousa
O Primeiro de Maio na Coruña

Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña volverá sair á rúa para manifestar o noso rexeitamento da situación actual e a reafirmarse como clase obreira. Pos iso, convoca unha manifestación, con outras organizacións sindicais, que sairá da Praza de Pontevedra ás 12:30 horas.
Ao remate, no Campo da Leña, haberá unha actuación do grupo Os Tres Trebóns.
O Comité Local
Asemblea xeral
A CGT da Coruña celebrará o próximo luns, día 4 de abril, ás 19:00 horas, nos seus locais, Asemblea Xeral de afiliados, na que se tratará, como único punto, a Orde do Dia do Congreso Confederal Extraordinario da CGT que terá lugar en Pamplona entre os días 15 e 17 do próximo mes de abril.
Comité Local da Coruña da CGT
Concentación en apoio ás persoas fuxidas da guerra
O Comité Local da CGT da Coruña acordou apoiar a Concentración convocada mañá, mércores, 16 de marzo, ás 20:00 horas, no Obelisco, co obxectivo de manifestar a nosa solidariedade coas persoas que fuxen da guerra e que están sendo brutal e criminalmente tratados polas Autoridades da Unión Europea nas fronteiras orientais y no Mediterráneo, o que provoca ducias de mortes diarias e un sofrimento atroz a centos de milleiros de personas. En particular, denunciamos a reunión que estes días, 17 e 18 de marzo, terán en Bruxelas os Xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea para ratificar o indecente pacto que suscribiron co goberno de Turquía o pasado 14 de marzo.
Con ocasión deste desastre, maniféstase a auténtica face dos Estados e dos Gobernos: os Estados, amosando a súa natureza criminal intrínseca e os Gobernos facendo de lacaios inmisericordes do capitalismo trunfante. Nunca estivo máis crara a necesidade de acabar cunhas fronteiras que só serven para manternos artificialmente enfrontados uns aos outros co espellismo nacional e para cebarse cos máis necesitados de solidariedade e protección.
A CGT da Coruña fai un chamamento a toda a súa afiliación, simpatizantes, amigos e a toda a cidadanía á participación nesta concentración e a continuar a mobilización social ata conseguir parar o horrendo crime que os gobiernos europeos están levando a cabo no noso nome, pero polos seus bastardos intereses xeoestratéxicos e económicos.
ABAIXO AS FRONTEIRAS!
NON AO ACORDO UNIÓN EUROPEA-TURQUÍA!
REMATEMOS CON ESTA VERGOà‘A!
Comité Local da CGT da Coruña
Nova Marea Blanca: 13 de marzo
O vindeiro domingo 13 de Marzo ás 12:30, terá lugar unha nova Marea Branca en defensa dunha sanidade pública e de calidade, rexeitando as listas de espera, o peche de camas e plantas enteiras dos hospitais, reclamando o acceso ás vacinas e medicacións para todos os doentes. Súmase tamén a denuncia da precariedade na atención xeriátrica.
Unha vez mais, a CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).
Manifestación en apoio ás persoas fuxidas da masacre
Co lema "Pasaxe segura xa!", diversas organizacións convocan para o próximo sábado, día 27, ás 19:30 horas, unha manifestación que s

airá da Praia de Riazor e rematará no Obelisco. A esta convocatoria súmase a CGT da Coruña.
A manifestación faise coincidir na data coa "Marcha europea polos dereitos das persoas refuxiadas", que distintas organizacións de toda Europa convocan para esixir vías de accesos seguras ao continente para os milleiros de persoas que cada día se ven obrigadas a cruzar o Mediterráneo e as fronteiras xogándose literalmente a vida, mentres gobernos e estados non fan outra cousa que poñerlles todo tipo de obstáculos.
Non podemos quedar indiferentes ante a indignidade dos chamados "líderes europeos", que se limitan a dar voltas ao redor do problema sen aportar ningunha solución, no mellor dos casos, e a utilizar a xenofobia e a represión dos fuxidos en outros moitos; e non podemos quedar pasivos ante un problema que xa causou milleiros de mortes na guerra, milleiros de mortes na viaxe, máis de 10.000 nenos desaparecidos sen clarexar, etc.
A CGT da Coruña fai un chamamento para que non esquezamos o noso pasado e a nosa actualidade como emigrantes e amosemos a nosa solidariedade acudindo á manifestación.
Comité Local da CGT da Coruña
Concentración diante da mutua «La Fraternidad-Muprespa»
Compañeiras e compañeiros: os sindicatos presentes no Comité de Empresa de Zara Logística o maior almacén de distribución do grupo INDITEX, entre os que está a CGT, decidiron convocar unha concentración diante da Mutua "La Fraternidad-Muprespa", na Avenida do Exército, número 12, da Coruña. A concentración será o venres, día 26, desde as 10 da mañá.
A protesta ven motivada polos continuos abusos e malos tratos que están a sufrir os traballadores por parte da mutua cando están enfermos: diagnósticos de que o traballador está san sen realizar ningunha proba, obrigalo a traballar enfermo, doenzas músculo-esqueléticas producidas por esforzos diagnosticadas como artroses e sen dar atención médica, citas para amedrentar estando incluso hospitalizado, faltas de respecto por manifestar que se ten dor, inventar mentiras para non pagar os desprazamentos, forzar aos traballadores a pedir baixas no médico da seguridade Social cando teñen doenzas producidas polo traballo coa escusa de que son doenzas crónicas, utilización dos partes de repouso apra evitar IT, etc.
A CGT fan un chamamento a toda a afiliación e simpatizantes para que se apoie a concentración para protestar contra La Fraternidad, por unha situación que sobrepasa todos os niveis de indignidade e abuso.
AMOSA O APOIO AOS QUE LOITAN!
TOD@S CONTRA "LA FRATERNIDAD"
Comité Local da CGT da Coruña
24 e 31 de decembro: folga en Extel Coruña
As traballadoras e traballadores subcontratados por Movistar a través da empresa Extel – Adecco, están chamados a secundar dúas novas xornadas de protesta, con paros de 24 horas os días 24 e o 31 de decembro, para reclamar unhas condicións laborais dignas.
Así mesmo, a CGT ten convocada unha concentración ante a sede da nova tenda de Movistar que abriu na praza de Pontevedra, o 24 de decembro ás 12 horas, para denunciar públicamente as constantes agresións ás que esta multinacional somete aos seus traballadores e traballadoras.
A situación no centro de Extel na Coruña é insostible: sancións desorbitadas de ata 47 días de emprego e soldo, por non tentar vender aos clientes que chaman ao 1004, presión desmedida, berros por parte dos superiores, imposibilidade de conciliar a vida laboral e familiar, modificacións substanciais, salarios conxelados e nulo diálogo co Comité de Empresa e os representantes dos traballadores.
Sección Sindical da CGT da Coruña en EXTEL
Concentración na Mutua «La Fraternidad» (Posposto)
Posponse sen data a concentración na Mutua «La Fraternidad», debido á convocatoria, por parte dela, dunha reunión a semana que ven, na que se vai dar resposta aos puntos importantes das reivindicacións dos traballadores.
Ante o maltrato que están a sofrir, por parte da mutua "La Fraternidad-Muprespa" os traballadores de Zara Logística, os sindicatos presentes no Comité de Empresa, entre os que está a CGT, decidiron convocar unha concentración o próximo mércores, día 25, ás 10:00 horas, ás portas da sede da Mutua, situada na Avenida do Exército, 12, da Coruña.
A CGT fai un chamamento aos seus afiliados e simpatizantes para que se sumen a esta concentración e se poida parar así, a práctica antiobreira de "La Fraternidad".
Comité Local da Coruña
As Marchas da Dignidade a Compostela, o 24 de outubro
As Marchas da Dignidade, das que fai parte a CGT de Galicia, chaman a encher o Obradoiro nunha grande mobilización en Compostela, o vindeiro sábado 24 de Outubro. Varias columnas procedentes das diferentes cidades e vilas da Galiza van a confluir na Praza do Obradoiro, arredor das 12 do mediodía.
Os autobuses das Marchas da Dignidade da Coruña sairán da Praza de Ourense ás 09:45 horas.
A CGT da Coruña intégrase dentro da chamada Columna Norte, que partirá da explanada do antigo Mercado do Gando de Salgueiriños, ás 11 da mañá, marchando por Xoán XXIII e San Francisco até o Obradoiro.
O regreso farase ás 14:30 horas desde a lanzadeira de autobuses que está sobre o aparcadoiro da rúa Xoán XXIII.
Comité Local da CGT da Coruña