Manifestación contra a Troika

A CGT da Coruña decidiu apoiar e acudir á manifestación contra a Troika que, en concordancia con outras cidades europeas e do resto do mundo, terá lugar na Coruña o próximo sábado, día 1 de xuño, e que sairá, ás 19:00 horas, da Praza de Pontevedra.
 
A CGT da Coruña acudirá á manifestación por coincidir na cuestión básica: (oposición ás políticas da Troika e denuncia da situación que estas políticas de agresión aos dereitos conseguidos están causando entre os pobos do mundo).

Comité Local da CGT da Coruña

 

Acto en lembranza das vítimas da represión durante a folga xeral de 1901 na Coruña

Ofrenda floral aos mortos na folga de 1901

O vindeiro domingo, día 2 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.

Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.

Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901

 

Concentración en defensa dun ferrocarril público e social

581898_555809297804775_834152021_nO próximo mércores, día 29, ás 12:00 horas, terá lugar unha concentración na Estación de San Cristóbal na Coruña como resposta á intención do Ministerio de Fomento de reducir os trens de proximidade na provincia da Coruña e resto de Galicia, así como a privatización do sector ferroviario, malvendendo ou regalando o patrimonio construído entre toda a sociedade en beneficio duns poucos.

Mentres o goberno está disposta a rescatar as autopistas privadas con miles de millóns de euros, vende aos mesmos ou parecidos xestores os trens pagados entre todos.

A concentración está convocada por todos os sindicatos presentes nos Comités de Empresa de Renfe e Adif e é aberta a toda a cidadanía.

 

Debates para o Congreso

A CGT da Coruña celebrará todos os luns, a partir do día 13, ás 19:00 horas, reunións de debate preparatorias do próximo Congreso Confederal, que se celebrará na cidade. Se destes debates xurden, a CGT coruñesa presentará ao resto da organización e como en ocasións anteriores, propostas para ser publicadas no caderno de ponencias.

Para que estas propostas respondan ao sentir da organización é imprescindible a participación da afiliación, polo que se invita e anima á que se participe activamente nestas actividades.

Comité do SOV da Coruña

 

Manifestación do Primeiro de Maio. Crónica

SONY DSCPreto de un millar de persoas uníronse á convocatoria da CGT e pola CUT. Partindo, ás 12:45, da Praza de Pontevedra, e tras unha pancarta co lema «CONTRA O SISTEMA, ORGANÍZATE E LOITA», a manifestación percorreu o centro da cidade e rematou, unha hora más tarde, na Praza do Humor. As consignas máis coreadas foron «Obreiro despedio, patrón colgado», «Contra o goberno, loita obreira», «Contra a troika, loita obreira», «A-anti-anticapitalista», «O pobo organizado funciona sen estado», e outras alusivas á situación actual.

Ao remate, membros da CUT e da CGT dirixíronse aos manifestantes. A alocución do compañeiro da CGT foi a seguinte:

Seis millóns douscentos dous mil setecentos persoas en paro. Máis do dobre da poboación total de Galicia! Esta e a situación á que nos levaron os gobernantes; á miseria, á desesperación, á pobreza, á falta de dereitos. Como fieis vasalos do capitalismo internacional, da troika, dos intereses dos financeiros, toman, unha tras outra, medidas que nos conducen aos traballadores á escravitude. Porque mentres nós sufrimos as súas políticas de recortes, eles fanse cada día máis ricos, gabándose das súas vidas de luxo e privilexios. Read More

 

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Cartel con maniA CGT da Coruña ten convocado, conxuntamente coa CUT, unha manifestación para o vindeiro Primeiro de Maio, que partirá da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas.

«O 1º de Maio é o Día Internacional da clase traballadora, un día de loita da clase á que pertencemos, un día para sentirnos da mesma clase social, empregados ou non, xoves, pensionistas, emigrantes, estudantes, afectados polos desafiuzamentos, excluídos, despoxados … O 1º de Maio é un día para reivindicar nas rúas a defensa da nova sociedade que cremos, baseada na liberdade e na xustiza social.

Este 1º de Maio de 2013 é o quinto consecutivo que vivimos tras o estalido desta chamada crise do sistema capitalista provocada conscientemente polo poder, por políticos corruptos, polos ricos e especuladores donos da banca, da grande patronal, das multinacionais.

Conducíronnos a unha situación de emerxencia social. Crearon seis millóns de parados, rebaixaron os salarios, négannos o dereito ao traballo, a un convenio colectivo, recortan os gastos sociais, privatizan a sanidade, a educación, reducen a protección social, fannos pagar unha débeda ilexítima, privatizan as grandes empresas, os servizos públicos, rebaixan as pensións, todos os dereitos os converten en negocios … e todo isto grazas a unha clase política inmoral, corrupta, fieis axentes locais do capitalismo máis voraz e cobizoso. Read More

 

Manifestación en defensa dos postos de traballo en Atento na Coruña

mani_atento_20130416Onte, 16 de abril, mais dun millar de traballadores e traballadoras percorreron as rúas da Coruña en defensa dos postos de traballo en Atento na Coruña. A pesares de que desta convocatoria e do resto das mobilizacións se descolgaron a última hora do día anterior tanto UGT como CCOO, a manifestación foi un éxito de participación. Secundando o chamado da CGT e CIG, xa antes das 20 horas, una marea humana ocupaba a entrada da empresa na rúa de Juan Florez, punto de saída da marcha. Logo de percorrer o centro da cidade, a manifestación, combativa e ruidosa, rematou de novo diante da entrada de Atento, onde un voceiro de cada unha das organizacións se dirixiu aos asistentes, para anunciar a celebración hoxe de Asambleas de traballadores e traballadoras e para defender a mobilización e a loita obreira para a defensa dos postos de traballo na empresa.

Mais información no blog da Sección Sindical da CGT en Atento Coruña

 

Xa son 142 os despedidos en Atento-Coruña

Aos 112 despedidos de onte súmanse hoxe outros 30 do servizo CAT ADSL (atención telefónica e avarías de banda ancha dos clientes de Telefónica). Tamén a empresa anunciou o despido de outros 30 compañeiros en Toledo e 58 en Bilbao, dando como xustificación a suposta diminución de chamadas nestes servizos.

Todos os sindicatos do centro de traballo, entre os que está a CGT teñen convocado un calendario urxente de mobilizacións, calendario que, nestes momentos, concrétase como segue:

  • Do 9 ao 12 de abril, concentracións ás 12:00 e ás 20:00 horas.
  • Os días 15, 17, 18 e 19 de abril, concentracións ás 12:00 e ás 19:00 horas.
  • Día 16 de abril: concentración ás 12 horas e manifestación ás 20:00 horas
  • Do 22 ao 26 de abril, concentracións ás 12:00 e ás 19:00 horas.

CGT da Coruña