Concentración por un ferrocarril público e social na Coruña: contra as mentiras do plan municipal de mobilidade

concentración_tren_maría_pita

A Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT da Coruña, ten convocado unha Concentración para este sábado, 21 de setembro, ás 13:20 h na praza de María Pita. A plataforma chama a concentrarse por un ferrocarril público e social, e para denunciar as mentiras do plan de mobilidade e a campaña propagandística que está a desenvolver o Concello da Coruña con motivo da Semana da Mobilidade. A plataforma tamén lembra que o goberno municipal evitou apoiar calquera iniciativa a prol do tren de proximidade ou da utilización da Estación de San Diego, entre outras medidas contrarias á mobilidade sostíbel que dí agora defender.

Volantina

 

A CGT solicita reunión urxente e conxunta dos Comités de RENFE e ADIF na Coruña

Tras agardar un tempo prudencial para ter unha maior información sobre os feitos acaecidos, o pasado 13 de agosto solicitamos aos presidentes de ambos comités e a todas as organizacións sindicais que os componen, unha Reunión urxente cun único punto na Orde do Día: – Resolución e accións a tomar por ambos Comités ante o accidente de Santiago de Compostela de 24 de xullo. Todos os demais sindicatos teñen rexeitado a citada reunión, aludindo a que é demasiado cedo para nos pronunciar sobre os feitos sucedidos.

tren_cgt

A nosa intención ao solicitar esta reunión, era que os comités, cumplindo coa súa responsabilidade, emitiran unha resolución e un pronunciamento público para manifestar o seu parecer sobre o ocurrido, como traballadores e traballadoras coñecedores da realidade das instalacións, dos trenes e a súa seguridade, ante as versións que con máis o menos acerto foron aparecendo. E aínda mais, ante os ataques que se produciron ao noso compañeiro por parte dos máximos responsables de ambas empresas e algúns medios de comunicación, sen que se teña saído na súa defensa.

Non podemos entender a actitude, do resto dos sindicatos con representación no ámbito provincial, impedindo que se celebrara esta reunión e mantendo ao comité nun clamoroso silencio cómplice coas empresas.

Na CGT creemos lamentable esta actitude e así o decimos, para eles é demasiado cedo e para nós é demasiado tarde.

Read More

 

Reunións preparatorias do XVII Congreso

Entre o 17 e o 20 de outubro, a CGT celebrará o seu XVII Congreso de Sindicatos na Coruña. Para preparar axeitadamente os acordos que a CGT da Coruña defenderá nese Congreso, convócanse reunións preparatorias de debate os mércores do mes de setembro e tamén o último mércores de agosto, a partir das 19 horas. Os días de debate son, pois, os seguintes: 28 de agosto e 4, 11, 18 e 25 de setembro.

No seu momento convocarase a asemblea xeral para a adopción dos acordos definitivos a principios de outubro, en data que se anunciará axeitadamente.

 

Concentración na Coruña por un ferrocarril público, social e seguro

Cartel_concentracion_tren_31072013 (2)A CGT da Coruña chama a participar na concentración que terá lugar mañá mércores, 31 de xullo, ás 19:30 horas na Estación de Trens de san Cristóbal.
Esta concentración está convocada pola Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT.
Nestes momentos, tras o gravísimo accidente ferroviario de Compostela, é máis necesaria que nunca a participación de todos e todas na defensa dun ferrocarril público e social, na esixencia dunha investigación independente dos intereses económicos e políticos, que proporcione as explicacións pertinentes e permita a depuración de todas as responsabilidades, e para que se poñan todos os medios necesarios para garantir a seguridade no transporte ferroviario.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Contra os saqueo das pensións

DSC00872

A todos os traballadores, a toda a cidadanía:

O goberno actual está preparando a modificación da lexislación sobre as pensións. Non contento coa reforma de pensións aprobada polo PSOE, que elevou a idade ordinaria de xubilación ata os 67 anos, o PP, alegando que o sistema non é sostible, seguindo o ditado dos poderes financeiros e dos intereses do capitalismo máis ruín e cobizoso, pretende aprobar unha reforma que supón o inicio do desmantelamento do sistema público de pensións e dará entrada, dunha forma definitiva, aos intereses privados, que pretenden facer negocio coas necesidades básicas da poboación. Read More

 

Concentración por unhas pensións públicas e dignas

muestra cartel 001b pensionesO día 29 de xullo, luns, ás 12:00 horas a CGT da Coruña convoca a todos os traballadores e á cidadanía en xeral a unha concentración diante do Centro de Atención e Información da Seguridade Social sito na rúa Félix Estrada Catoira esquina rúa Fernando Rey (preto da igrexa de san Pedro de Mezonzo), para respostar ás intencións do goberno de desmantelar o sistema público de pensións e de modificar tanto os requisitos como os sistema de cálculo das pensións futuras, así como a desaparición do custo da vida como factor a ter en conta para a súa revalorización.

Pensións públicas e suficientes!

Polo reparto do traballo e da riqueza!

 

Manifestación en Madrid por un ferrocarril público e social. Non á privatización

cartel_ferrocarril_mani_madrid_20130629A CGT ten convocado manifestación en Madrid para o vindeiro día 29 de xuño, que sairá ás 12 horas da Estación de Atocha e rematará na Porta do Sol. As mobilizacións, que ata agora se viñan plantexando descentralizadamente, pretenden non só a defensa dos empregos ferroviarios, ante os ERE"s anunciados en RENFE e ADIF, os recortes en Cremonini, polo futuro dos traballadores e traballadoras de Contratas Ferroviarias, Servizos Auxiliares, Comfersa, etc…, as habilitacións para o persoal da extinta FEVE, senón tamén a protesta pola inminente liberalización do ferrocarril, as supresións de trens de media distancia, o peche de liñas, a fragmentación de ADIF e RENFE.
Para a CGT sobran os motivos para a mobilizacións, por iso chama á participación masiva na manifestación do 29 de xuño, e anuncia a convocatoria de folgas en todo o sector ferroviario nos meses de xullo e agosto.
Dende a CGT da Coruña se está a organizar o desprazamento de compañeiros e compañeiras á manifestación de Madrid, polo que os traballadores e traballadoras interesadas deben poñerse en contacto, o antes posible, coas Seccións Sindicais ou directamente coa Federación Local para anotarse.

Mais información: Sindicato Federal Ferroviario da CGT

 

Comezan os despidos da fusión Santander-Banesto. Graciñas, CC.OO.-UGT-FITC-SEB

O Banco Santander vai despedir, en menos de 15 días, a máis de 300 traballadores, contando coa vergoñenta colaboración do holding sindical CC.OO.-UGT-FITC-SEB cando asinaron o lamentable acordo laboral de fusión que permite tantos despidos como lle pete á empresa.

En Galicia as direccións de Recursos Humanos, tanto do Banesto como do Santander, comezaron a chamar aos comañerios (todos eles de idades inferiores a 50 anos) para comunicarlles, mediante unha carta, a baixa «voluntaria» na empresa, cunha indemnización de 50 días por ano (máximo 42 mensualidades). De non aceptar, xa os avisan de que os van botar igual, aplicando a reforma laboral. A falta de respecto á dignidade dos traballadores é tal que teñen a desvergoña de citalos nos departamentos de Recursos Humanos do xeito seguinte: se traballas no Santander, vas pola sentencia ao Banesto e se traballas no Banesto, danche a puntilla no Santander, sen permitir, ademáis, que sexan acompañados por un representante sindical. Read More

 

Manifestación na Coruña en defensa do ferrocarril público e social

A CGT da Coruña chama a participar activamente na manifestación que terá lugar o vindeiro xoves, 20 de xuño, en protesta polos recortes de servizos ferroviarios en Galicia e contra o plan de privatización do ferrocarril, convocada polos comités de empresa de Renfe e Adif.

A manifestación partirá, ás 20 horas, da Estación de San Diego (fronte á Casa do Mar) e finalizará na Estación de San Cristobo.

CGT da Coruña

mani_ferrocarril_pancarta

 

Acto na Coruña «Que non nos rouben o tren!»

 

mani_ferrocarril_cartel

O vindeiro mércores, día 19, ás 20 horas, na Praza de Pablo Iglesias, no barrio do Castrillón da Coruña terá lugar un novo acto en defensa dun ferrocarril publico e social. Baixo o título «Que non nos rouben o tren!!!»,  o acto contará coas intervencións de dous compañeiros do Sector Ferroviario da CGT, Alberto Díaz e Ángel Valladares, e de Paco Rodríguez (ex deputado do BNG).

CGT da Coruña