Continuamos denunciando os abusos da patrona propietaria da cadea de «Cafeterias e panaderias Pili». Contra os seus enganos e burlas, mobilizámonos. Contra as súas ameazas e insultos as traballadoras, respondemos coa nosasolidariedade de clase concentrándonos na porta dos estabrecementos. Non habrá tregua ata que pague todos os salarios atrasados.
Se nos tocan a unha, tocannos a todas!
Se nos tocan a unha, tocannos a todas e non imos parar ata que se readmita ás 23 do Bahía. Continuando coa nosa xeira de mobilizacións o mércores 20 realizamos esta manifestación ata a porta do Hotel Bahía de Vigo para deixarlle ben claro a patronal hoteleira que non imos dar nin un paso atras. Contra o despedimento, as ameazas e insultos nós respondemos con máis mobilizacións nas rúas.
A patrona, propietaria da «Cafetería Pili» entre outros negocios de restauración, débelles o salario ás traballadoras desde Decembro. Catro destas traballadoras denunciaron a dramática situación laboral que sofren, sen cobrar e cansas de tantos enganos, insultos e humillacións. No SMAC, a patroa volvio a ofrecer o abono da débeda en custión de días resultando ser unha promesa máis incumprida para gañar tempo ou desmoralizar ás 4 traballadoras no seu afán de facer xustiza. Para apoiar ás traballadoras da «Cafetería Pili» realizamos unha primeira concentración diante da porta desta cafeteria – panaderia solicitando á clientela deste establecemento non consumise en solidariedade coas traballadoras.
A concentración foi un éxito e desde CGT Vigo lanzámoslle unha mensaxe clara á patrona de que se non se aviene a pagar o que debe seguiremos concentrándonos na porta. As nosas únicas armas son a razón e un megáfono co que interpelar a solidariedade da sociedade.
O Hotel Bahía negase a readmitir ás 23 traballadoras inxustamente despedidas tratandoas ademais con amenazas e insultos cada vez que elas exercen o seu dereito a protestar. Pero non as vai a facer calar, este mércores 20 ás 11h imos todas e todos en manifestación dende a Farola de Urzaiz ata a porta do Hotel Bahía Vigo. #As23doBahía
Este venres 15 ás 10:30h, concentrámonos diante da Cafeteria Pili para esixirlle que pague os salarios atrasados. As catro traballadoras desta cafetería levan desde decembro sen cobrar.
Comezamos a 4ª semana de mobilizacións cunha caravana de concentracións polos hoteis de Vigo e Coruña demandando a readmisión das 23 traballadoras despedidas do Hotel Baía de Vigo​.
O Director deste hotel, lonxe de achegarse a negociar unha solución, respondeu con ameazas de «peche patronal» e despedir ao resto do persoal, con denuncias por «agresión sonora» e encomendandose ao acoso policial ás traballadoras concentradas cada día na porta do hotel. Para aumentar a presión sobre o Hotel Baía, Nortempo e mandarlle unha mensaxe clara ao Director do hotel, ampliamos o campo de acción a todos os hoteis de Vigo que pertencen á federación de hoteis que preside o mesmo director. Non haberá tregua ata que readmitan ás traballadoras despedidas subrogandolas así a nova contrata de limpeza, Nortempo.
Ademais grazas ao apoio das e os compañeiros de CGT A Coruña estendemos a protesta a hoteis desta outra cidade galega onde Nortempo ten contratos de limpeza.
A cada ameaza ou agresión respondemos con máis mobilizaciones ata que consigamos as readmisións.
Comezamos a 4ª semana de mobilizacións cunha caravana de concentracións polos hoteis de Vigo e Coruña onde Nortempo ten a contrata de limpeza. O cansancio non nos vai parar, nin as ameazas de «peche patronal» do director do Hotel Bahía nin o acoso policial nin as denuncias por «agresións acústicas». Non hai tregua ata que as 23 traballadoras do mantemento e limpeza do Hotel Bahía sexan readmitidas.
Continuamos coas mobilizacións en protesta polo despedimento arbitrario das traballadoras do mantemento e limpeza do Hotel Bahía de Vigo. Esta vez concentrámonos nas sedes de Nortempo, contrata da limpeza, de toda Galicia para esixir a readmisión das traballadoras. Estaremos tódolos días diante da porta dos culpables ata que esto se solucione.
Que pouco duran as vitorias en casa do pobre. Estas bravas mulleres traballadoras encargadas da limpeza do Hotel Baía conseguiron hai escasamente un ano que mediante sentenza xudicial se reconecieran os seus dereitos e así ser incluídas no convenio de hosteleria, obtendo así grazas á loita sindical unha lixeira mellora nas súas condicións laborais.
A resposta da patronal: despedimento xeneralizado, as 20 traballadoras á rúa. Cando escoito que despiden a todo o persoal dun hotel, a unha traballadoras que cobraban 400 euros nun traballo tan duro fisicamente como o das » kellys» , pregúntome se hai límite á avaricia, se hai un tope onde discernir o traballo da exclavitud.
Por que no hotel emblemático da cidade de Vigo atopámonos este nicho de explotación desmedida? Un chega a preguntarse se isto excede os balances económicos e empeza a ser puro sadismo, espremer e vexar á clase traballadora ata a última pinga. Por que? Porque poden.
Estas pequenas loitas en conseguímolas readmisións ou simplemete frear o espolio de dereitos laborais, esta meras non derrotas, saben a moito na cercania aínda que insustanciales na gran perspectiva, pero sobre elas se cimentan os grandes logros e na actualidade, admitamoslo, non retroceder, hayar un sitio onde situar a barricada onde non pasarán e facer mérito a ela non é un logro menor.
O día 11 de maio comezamos as Mobilizacións contra os despedimentos no Hotel Bahía de Vigo.
As Concentracións de Protesta diante da porta principal de dito hotel de 10:30h atá ás 12:00h e se repetirán ata que sexan readmitidas as 20 traballadoras adicadas ao mantemento, limpeza e coidado das habitacións e resto de instalacións do hotel.
As traballadoras foron despedidas arbitrariamente cando legalmente deberian manter o seu posto de traballo sendo subrogadas a nova contrata de mantemento e limpeza Mantelnor da cadena Nortempo.