Logo do peche do servizo de información 11822 na Coruña no pasado mes de abril, no que Atento despediu 17 traballadores e traballadoras, a CGT interpuxo demanda estatal por despedimento colectivo encuberto, ao sumar máis de 30 despedimentos en todo o estado durante os tres meses anteriores.
Unha sentenza da Audiencia Nacional ven de recoñecer que se trataba dun despedimento colectivo e debería que ter sido tramitado como un ERE. Ao ter burlado Atento o procedemento legal, a sentenza declara a nulidade dos despedimentos e obriga a empresa a reincorporar as traballadoras e traballadores incluídos na demanda.

Ainda que Atento xa empezou a notificar por escrito ás traballadoras que non vai interpoñer recurso contra a sentenza e que deben incorporarse ao seu posto de traballo este venres, 17 de xullo, a CGT denuncia a represalia que está a tomar Atento por perder o xuízo: mentres esixe a devolución íntegra da indemnización percibida no momento dos despedimentos nun prazo de 48 horas, é moito máis flexible na súa obriga de aboar os salarios deixados de percibir dende o despedimento ata a reincorporación.
Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña
A CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 19 de xullo nunha nova "Marea Branca" convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema "A sanidade non se vende, deféndese!" esta mobilización está convocada pola
A CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 21 de xuño na «Marea Branca» convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema «A sanidade non se vende, deféndese!» esta mobilización está convocada pola 
