Os traballadores e traballadoras das empresas Atento e Extel na Coruña, subcontratas de Movistar, están chamados a secundar unha nova xornada de mobilización. O vindeiro luns, 5 de maio, están convocados paros dunha hora na quenda da mañá de 11 a 12 horas e na quenda de tarde, de 18 a 19 horas. Â Esta nova xornada de loita da continuidade ás mobilizacións unitarias dos traballadores e traballadoras das contratas de Movistar, non só na Coruña, senón tamén no resto do estado español.
As sección sindicais da CGT están a impulsar a participación nestas mobilizacións, co obxetivo de manter a unidade dos traballadores e traballadoras, como se veu demostrando nos últimos meses, coa finalidade de dar a coñecer e loitar contra as agresións de Movistar e as súas contratas.
As agresións empresarias e a abusiva presión á que están sometidos os traballadores e traballadoras son os mesmos nas distintas plataformas destas empresas que traballan para Movistar: Â modificacións sustanciais con cambios de horarios, turnos, presión excesiva, despedimentos, sancións, .. e un longo etcétera de penurias que están a padecer os traballadores e traballadoras.
Durante os paros terán lugar concentracións nas portas de ambas empresas; no transcurso das mesmas, tanto en Atento como en Extel os traballadores e traballadoras formarán mosaicos cun lema de denuncia das condicións laborais que padecen.



STEG e outros colectivos e individualidades. Con saída ás 12 horas dende a caseta de turismo da Ponte Romana, cun recorrido casco vello da cidade para finalizar nos Xardíns do P. Feijoo onde terá lugar a lectura do comunicado conxunto.
Manifestación unitaria que sairá ás 11:00 horas da Praza de Fernando o Católico (Urzaiz) e finalizará na Porta do Sol, convocada pola CGT xunto con outras organización sindiciais: CNT, CUT, Intersindical, Sindicato de Elevación, STEG, e Sindicato de Xornalistas.

A xornada de protesta consistirá en paros dunha hora, de 12 a 13 horas e de 19 a 20 horas. Ademais dos centros de Atento e Extel en Coruña, desta vez o paro laboral faise extensivo ao ámbito estatal nestas dúas empresas subcontratadas por Movistar. Durante os paros, os traballadores e traballadoras de Atento na Coruña farán visible a súa protesta diante do centro de traballo escenificando un enterramento simbólico das constantes agresións ás que estamos sometidos por Movistar e as súas contratas. En Extel se realizarán dúas manifestacións (ás 12 e ás 19 horas) polas rúas de Matogrande, partindo da sé da empresa na Coruña.