A CGT da Coruña chama a participar na concentración que terá lugar mañá mércores, 31 de xullo, ás 19:30 horas na Estación de Trens de san Cristóbal.
Esta concentración está convocada pola Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e as Mariñas, da que forma parte a CGT.
Nestes momentos, tras o gravísimo accidente ferroviario de Compostela, é máis necesaria que nunca a participación de todos e todas na defensa dun ferrocarril público e social, na esixencia dunha investigación independente dos intereses económicos e políticos, que proporcione as explicacións pertinentes e permita a depuración de todas as responsabilidades, e para que se poñan todos os medios necesarios para garantir a seguridade no transporte ferroviario.
Comité Local da CGT da Coruña


O día 29 de xullo, luns, ás 12:00 horas a CGT da Coruña convoca a todos os traballadores e á cidadanía en xeral a unha concentración diante do Centro de Atención e Información da Seguridade Social sito na rúa Félix Estrada Catoira esquina rúa Fernando Rey (preto da igrexa de san Pedro de Mezonzo), para respostar ás intencións do goberno de desmantelar o sistema público de pensións e de modificar tanto os requisitos como os sistema de cálculo das pensións futuras, así como a desaparición do custo da vida como factor a ter en conta para a súa revalorización.