Manifestación contra as medidas do goberno:

A FL de Vigo chegou a un acordo con outras oitos organizacións ( sindicais, políticas, culturais e da mocidade ) para tentar dar unha resposta e facerlle ver aos sindicatos institucionais que só queda un camiño: a folga xeral. Así facemos un chamamento a todos os afiliados e simpatizantes para que o día 27 de maio ás 20:00 dende a Vía Norte participen na manifestación contra as agresións do capital e pola folga xeral. Non nos quedamos calados /as.

Read More

 

 

CITIFIN pisotea los derechos laborales

La CGT de Pontevedra convoca una concentración ante las oficinas del Grupo Citibank en Pontevedra (cruce de la calle Riestra con Gutiérrez Mellado) el martes, día 18 de mayo, a las 12:00h, en protesta por la amenaza de traslado forzoso a una compañera de CGT. Raquel Olmos se niega a renunciar a su puesto de trabajo y, como militante de CGT, viene denunciando el pacto firmado por CCOO y UGT con la empresa en 2008 para reducir la plantilla. A continuación el texto que se repartirá públicamente durante la concentración. Read More

 

Marchas a Madrid: Contra a Europa do Capital, ¡Folga Xeral!

O vindeiro sábado, 15 de Maio, sairá un autobús dende Pontevedra, na Alameda, cruce con r/ Echegaray, ás 10:00 da noite para estar o domingo en Madrid con motivo da manifestación de CGT contra a crise, contra a nefasta presidencia europea española e contra as políticas sociais e económicas impostas pola Unión Europea. Regreso o domingo, 16 de maio, dende Madrid ás 17,30h. Interesados anotádevos chamando ó Sindicato a maior brevidade posible, 627 791 645.

 

 

 

Povisa despide a 15 traballadores

O actual Secretario de Organización da Sección Sindical de CGT en POVISA, foi despedido onte xunto a 14 compañeir@s por despido obxectivo. A diminución de actividade no rexistro do Hospital por mor da informatización das historias clínicas e o argumento que dá a empresa para os despidos. Non obstante e tado a elevada taxa de eventualidade e a antiguidade destes traballadores o normal tería sido a reuvicación noutros postos dos compañeiros. Evidentemente a empresa prefire a eventualidade que o mantemento dos postos de traballo indefinidos.Por certo, POVISA será unha das empresas xestoras do Hospital Público que o SERGAS pensa abrir en Vigo. Medo dan.

Read More

 

1º de maio en Vigo

Con saída na praza de Fernando «El Católico», ás 11:00 horas, uns 2700 traballadores e traballadoras convocados por CGT e CUT, pecorreron o centro de Vigo, baixo o lema «Folga Xeral Xa!!!». Acompañados por gaiteiros e ata zancudos, a manifestación de CGT, transcurriu nun claro ambente reivindicativo dada a gravísima situación que está padecendo a clase traballadora da nosa comarca e do resto do estado. Moitos foron os eslogans berrados, pero, sen dúbida, o que máis insistentemente se coreou foi o de «Contra o Goberno e o Capital, Folga Xeral».