A precipitación na firma do derradeiro Convenio Provincial do Metal, chegando incluso a saltarse a opinión dos traballadores, non deixa de traer consecuencias negativas para os de sempre, os traballadores.
A xustificación a dita firma foi a creación dunha bolsa de emprego que dous años despois e cunha folga polo medio estase a mostrar coma unha ETT controlada polos sindicatos asinantes e subvencionada por todos nos.
As présas non son boas, di o refrán, ecando xa estabamos recuperados da derradeira mobilización, chega outro conflicto o noso sector.
Dende fai tempo afiliados deste Sindicato veñen informando a través de octavillas do incumprimento do acordado con respecto o plus de transporte.
A CGT coma Sindicato que non ten a condición de central sindical representativa no sector non pode presentar un Conflicto Colectivo. Polo que o longo do ano pasado, 2007, tentou de convencer as centrais con capacidade para facelo da necesidade de tan drástica medida.
Tras reunións mantidas con todas elas, finalmente a UGT deu o paso de presentar Conflicto Colectivo.
O motivo son as irregularidades cometidas na elaboración das tablas salariais. Tódolos firmantes de dito Convenio a hora de aplicar o acordado no artigo 55 cometeron unha irregularidade manifesta que está a perxudicar a centos de traballadores.
O pasado día 4 de Xaneiro celebrouse o Acto de Conciliación no Servicio Galego de Arbitraxe e Mediación, paso necesario para acudir a vía xudicial.
Gracias a a reinterpretación dos acordos firmados, os traballadores están a perder unha parte do seu salario base, e os eventuais do plus de eventualidade. Que se ben pode parecer unha cantidade pequena, cabería preguntarse que pasaría se esa «mínima» cantidade fose entregada a mais por equivocación nos salarios dos traballadores. ¿Ían ser tan xenerosos os empresarios coma os sindicalistos?

Comparte esta entrada ...