Folga en Unísono

A empresa anuncia a aplicación dun novo artigo 17 na campaña de Orange, que suporía o despedimento de 40 traballadores/as de Unísono Vigo e 3 de Unisono Madrid que estarían na rúa o vindeiro día 26 de xuño.

Convócase folga o 24 de Xuño nas quendas de mañá, de 11:00 a 12:00, e de tarde, de 17:00 a 18:00. Haberá concentracións, polo tanto, diante da porta dos centros de Unisono Vigo (Gran Vía 104 e 110) nese mesmo horario.

Chámase á participación de todas as seccións sindicais, afiliación e simpatizantes para o apoio nesta loita.

Que ningún despido quede sen resposta!

 

Ofrendas florais

Como cada ano, o vindeiro domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas da represión na folga xeral (a folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.

A continuación, farase outra ofrenda no conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza dos represaliados polo franquismo.

 

 

 

 

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña volverá saír ás rúas da cidade. A manifestación, convocada conxuntamente coa CUT, sairá, ás 12:00 horas, da Praza de Pontevedra e percorrerá o centro urbano para rematar na Praza do Humor.

Para a CGT, é hora de que a clase traballadora se rebele contra a insoportable situación á que o capitalismo e os seus lacaios, a clase política, nos están levando. A dramática situación de 5.000.000 de parados está sendo utilizada pola patronal e os gobernos para aplicar uns recortes sociais e unhas condicións de traballo inaceptables hai ben pouco. Pero, a pesar do conto interesado da crise, a CGT non traga e non está disposta a seguir a outros sindicatos nas prácticas desmobilizadoras e pactistas.

Este Primeiro de Maio, máis que nunca, chegou a hora da rebelión.

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!

 

Concentración en protesta polos despidos de 4 representantes sindicais da CGT en Sykes – A Coruña

Mañá, día 13 de abril, mércores, ás 11:00 horas, a CGT ten convocada unha concentración ante a porta principal do Mercado de Elviña, na Coruña, enderezo actual do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

A concentración faise para denunciar o despedimento de 4 delegados sindicais da CGT nun proceso de persecución sindical por parte da empresa do telemarketing SYKES, que se adica entre outras tarefas á promoción de diversos servizos de Vodafone. Read More

 

26 de marzo manifestación en Vigo

Este sábado ás 12:30 dende a rotonda de COIA (fronte ao Alcampo)

En solidariedade c@s compañeir@s despedidos en Citroà«n, contra a represión sindical e pola dignidade.

Estamos inmersos nun retroceso sen precedentes das condicións laborais, onde en escasos minutos asínanse papeis que eliminan dereitos gañados tras anos de loita sindical. Todos/as nós vemos como a sociedade se resiste a aceptar , a ser cómplice desta traizón, mais asiste impotente ao espectáculo do entreguismo dos chamados sindicatos "institucionais". Mais, tamén nos últimos

Read More

 

Cuatro representantes de la CGT en Sykes, despedidos

La empresa de telemárquetin SYKES ENTERPRISES INCORPORATED ha despedido, en su centro de trabajo de A Coruña, a cuatro representantes sindicales de la CGT. Ante esta agresión, la Confederación General del Trabajo quiere hacer saber a la opinión pública lo siguiente:

·        Los despidos son una clara persecución sindical contra la CGT, ya que los expedientes sancionadores abiertos en su momento lo fueron no sólo a los ahora despedidos, sino también a otros representantes sindicales afiliados a otros sindicatos (UGT y CIG), que no han sido despedidos. Read More