Nueva concentración en Atento A Coruña

Guerreros mogollónComo continuación de las movilizaciones que la CGT lleva realizando desde el 23 de junio para exigir la retirada de las sanciones a cuatro trabajadoras y trabajadores de Atento en Coruña (3 de ellas consistentes en la suspensión de empleo y sueldo de 60 días), este jueves día 25 toda la plantilla está llamada a una nueva concentración, a las 20:00 horas en Juan Flórez (delante del centro de trabajo).

Además, la CGT quiere denunciar públicamente los constantes recortes de derechos que los trabajadores y trabajadoras de Atento vienen padeciendo: el último, pasar a considerar faltas de puntualidad el retraso en menos de 5 minutos en el fichaje para comenzar la jornada, con el consiguiente descuento en las nóminas de julio. Hasta ahora, nunca se habían considerado faltas de puntualidad las entradas con menos de diez minutos de retraso. Es importante destacar que es muy habitual que el fin de la jornada sí exceda en varios minutos la hora de salida, ya que la plantilla se preocupa de atender todas las consultas de clientes durante la llamada.

Sección Sindical de la CGT en Atento – A Coruña

 

Se Atento quere lío, vaise fartar

13975545_2090947474463692_2997845822209117183_oEste xoves, día 18 de agosto, ás 20:00 horas, a CGT volve convocar unha concentración diante do centro de traballo que a empresa Atento ten na Coruña (Juan Flórez, 89).

A CGT non vai permitir que esta empresa, continúe acosando e sancionando aos traballadores por motivos falsos con ata 60 días de suspensión de emprego e soldo. O único motivo real de Atento é intentar asustar aos traballadores que non aceptan as súa política de ameazas, coaccións e persecución constante, especialmente aos representantes e afiliados da CGT. Read More

 

En Atento, contra as agresións, mobilización

atento 11 de agosto

Ante a intransixente e agresiva actitude da patronal da empresa Atento, que decidiu manter as sancións de ata 60 días de suspensión de emprego e soldo a vari@s compañeir@s do centro de traballo na Coruña, a CGT decidiu que non cabe outra posibilidade que a continuidade da loita.

Por iso, a CGT convoca a toda a afiliación e simpatizantes, así como á cidadanía en xeral a apoiar a concentración quee terá lugar o próximo xoves, día 11, ás 12:00 horas diante do centro de traballo (Juan Flórez, 89). Read More

 

Atento continúa en loita

Despóis da farsa do acto de conciliación no SMAC, no que a empresa Atento propuxo «rebaixar» as sancións de 60 a 43 13886266_2081644245394015_1130755891143048550_ndías (mantendo a cualificación como moi grave), @s traballador@s decidiron continuar coas mobilizacións para enfrontarse á prepotencia da empresa e contra esta represión que está a desenvolver contra @s compañeir@s que non se deixan acocotar pola patronal.

Por iso, o próximo xoves, día 4 de agosto, a CGT da Coruña volve convocar unha concentración contra as sancións diante do centro de traballo (Juan Flórez, 89), ás 20:00 horas.

Ademáis de concentracións en todos os centros de Atento do resto de España, Barcelona, Lleida, Valencia, Madrid, Sevilla, León…), @s traballador@s en loita están a recibir a solidariedade de outras cidades, que se están a concretar en concentracións diante de oficinas ou tendas de Telefónica-Movistar (Pontevedra, Vigo, Valladolid, Pamplona, Burgos, etc).

Comité Local da CGT da Coruña

 

Atento no SMAC

13631391_2078239429067830_2844411411222142901_nO xoves, día 28, continuarán as mobilizacións dos traballadores de Atento en protesta polas salvaxes sancións impostas pola empresa.

Nesta ocasión, en coincidencia cos actos de conciliación, a concentración farase, a partir das 10:15, diante do SMAC (porta principal do mercado de Elviña). A CGT anima a que se participe solidariamente.

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

BASTA XA DE REPRESIÓN!

Comité Local da CGT da Coruña

 

Intensifícanse as mobilizacións contra as sancións en Atento-A Coruña

13735097_2072749682950138_4539270634882144711_oA CGT volve facer un chamamento a todos os traballadores e traballadoras de Atento Coruña para que acudan á concentración que terá lugar na rúa Juan Flórez (fronte ao centro de traballo), este xoves, día 21, ás 20:00 horas, para esixir a retirada das brutais sancións que a empresa impuxo a catro afiliados e afiliadas (as máis graves a suspensión de emprego e soldo de 60 días a tres deles) e o cesamento da represión que están a padecer.

Ademais, o vindeiro martes 26 de xullo, e polos mesmos motivos, realizarase unha concentración diante da sede central da empresa na rúa Santiago de Compostela 94 (Madrid) que terá lugar entre as 14:00 horas e as 15:30.

Sección Sindical da CGT en Atento-A Coruña

 

A CGT de Atento-A Coruña segue mobilizándose…

CABECERA…para esixir a retirada das sancións de ata 60 días impostas pola empresa.

Outro xoves máis os traballadores e traballadoras de Atento en Coruña, Madrid, Sevilla, Valencia, Barcelona, Santander e Bilbao concentraranse ás portas dos seus centros de traballo para esixir a retirada inmediata das salvaxes sancións de ata 60 días que Atento impuxo a 4 traballadores e traballadoras do centro de traballo da Coruña e para dar a coñecer a grave represión que están a padecer. Esta nova concentración convocada pola CGT encádrase no calendario de mobilizacións iniciadas o 23 de xuño para esixir a retirada de todas as sancións.

En Coruña nesta ocasión a concentración terá lugar o xoves 14 de xullo ás 12:00 horas diante do centro de traballo (R/ Juan Flórez) e o seu obxectivo é denunciar publicamente este grave atropelo e esixir a inmediata retirada das mesmas.

Sección Sindical da CGT en Atento – A Coruña

 

A CGT da Coruña viaxa a Madrid o 18 de xuño

nuevo-1 pequeño

A CGT da Coruña participará na manifestación "En defensa do público" que terá lugar en Madrid o día 18 deste mes de xuño. A CGT participará para reivindicar a recuperación, para todos, dos bens incautados polo Estado e polas diferentes formas que este adopta, dos bens comúns para que sexan xestionados por todos, é dicir, polos traballadores e usuarios afectados, a través de mecanismos de democracia directa.

A CGT da Coruña non está defendendo a estatalización da vida, senón unha vida na que se administren as cousas por todos en troques do goberno das persoas, que o único que fai é xustificar un sistema económico e social inxusto como é o actual.

Por iso, a CGT da Coruña acudirá a Madrid para manifestarse con milleiros de compañeiros e compañeiras do sindicato e centos de organizacións sociais que xa anunciaron o seu apoio á convocatoria para berrar a favor da defensa dos servizos públicos e pola recuperación do que é de todos.

Comité Local da Coruña

 

Acto en lembranza das vítimas da folga xeral de 1901

PlacamonolitoComo todos os anos, a CGT celebrará unha ofrenda floral no monolito que as sociedades obreiras, por suscrición popular, erixiron o ano 1906 no cemiterio de San Amaro en memoria das vítimas da folga xeral que tivo lugar na Coruña os días 30 e 31 de maio de 1901. O acto terá lugar o próximo domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas.

Ao remate do acto, trasladarémonos á Avenida de Navarra, para facer outra ofrenda no conxunto escultórico erixido en memoria das vítimas do franquismo.

Máis información sobre so sucesos de 1901: A folga de 1901, no blog Memoria Libertaria na Galiza.

 

Primeiro de Maio na Coruña – Crónica

Unhas oitocentas persoas percorreron as rúas da Coruña na manifestación do Primeiro de Maio convocada, entre outras organizacións, pola CGT e pola CUT.

A manifestación estivo moi animada durante o percorrido e déronse berros contra a Europa do Capital e contra o capitalismo, entre outras consignas máis coñecidas, que foron reiteradas a coro masivamente.

Este ano o percorrido non rematou onde era habitual, senón no Campo da Leña (oficialmente, praza de Eapaña), na que se leu o manifesto conxunto. Unha vez lido o manifesto, no mesmo Campo da Leña, a CGT organizou un concerto no que participou o grupo «Os Tres Trebóns», que amenizou musicalmente o ambiente durante unha hora.

Como todos os anos, no local sindical celebrouse un xantar de confraternización.

Comité Local da CGT da Coruña