A CGT da Coruña convoca unha nova concentración o próximo venres, 2 de decembro, ás 13:00 horas, diante da Dirección Territorial de Galicia do Banco Santander, sita no Cantón Grande da Coruña, na zona do Obelisco.
Carlos, que ten xornada reducida porque ten que coidar da súa filla pequena, foi trasladado forzosamente a 120 quilómetros da súa casa, nunha decisión repugnante do Banco Santander, que o único que quere es desfacerse dun traballador incómodo.
Despóis de meses de loita o xuízo foi fixado para o día 12 de decembro, luns, sen que a empresa amosara ningunha intención de recuar na súa inicua decisión.
BASTA XA DE ACOSO NO BANCO SANTANDER!
SE TOCAN A UN, TOCAN A TOD@S!
Comité Local da CGT da Coruña
O día 22 de marzo de 2014, Emilio Cao Mota, un rapaz do Carballiño, acudiu á manifestación convocada polas Marchas da Dignidade en Madrid.
A CGT acordou apoiar e difundir a concentración que o venres, día 18, ás 12:00 horas, convoca Stop Desafiuzamentos da Coruña diante da Audiencia Provincial, para denunciar a actitudes dos xuíces da provincia que, sen atender ás sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo, seguen aplicando a lexislación española, moito máis lesiva para as persoas que teñan dificultades en pagar.
A CGT convoca unha nova concentración diante do Banco Santander (Cantón Pequeno, 15-17) , o próximo mércores, día 2 de novembro, ás 13 horas.
n da empresa de abrir un proceso de modificación sustancial das condicións de traballo (son máis de 1.000 traballador@s afectad@s, 52 no centro de traballo da Coruña), decidiu a convocatoria de dous paros de 24 horas os días 28 e 31 de outubro.
Atento e Movistar queren partir a vida a 1000 traballador@s
A CGT da Coruña convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, diante da Subdelegación do Goberno na Coruña, polos motivos que se expoñen:
Mañá, martes, día 18 de outubro, @s traballador@s de Extel farán outra folga de 24 horas para manifestar o seu rexeitamento do ERE presentado pola empresa que pretende suprimir 355 postos de traballo (205 na Coruña).
Mañá, sábado, día 15, ás 19:00 horas, desde o Campo de Marte da Coruña terá saída unha manifestación contra os tratados TTIP/CETA/TISA, tratados de libre comercio que se están intentando impoñer entre EEUU e a UE.