A manifestación convocada en protesta polos 179 despidos en Atento na Coruña reune a máis de 8000 persoas que percorren as rúas máis céntricas da cidade esixindo a readmisión dos despedidos, e lembrandolle á empresa que fronte ás súas agresións vai atopar a resposta contundente da clase obreira.
Read More
Ante a manifestación polo despidos en Atento Coruña
Ante el despido de 179 trabajadores en Atento, filial de Telefónica, en el centro de trabajo de A Coruña, la CGT, central sindical mayoritaria en dicho centro y central más representativa en el sector de telemárquetin, quiere hacer público lo siguiente: Read More
Novas movilizacións en Atento. Concentracións, luns 19 e martes 20; e Manifestación o venres, 23
Hoxe se producirá de novo unha CONCENTRACIÓN de traballadores e traballadoras contra dos despidos de 179 compañeiros e compañeiras en ATENTO A Coruña, diante da sé da empresa na rúa Juan Florez 80-82.
Mañá, martes 20, día en que se fan efectivos os 179 despidos, se repetirán as concentracións ás 12 e ás 20 horas.
O venres 23, coincidindo coa Manifestación está convocado un paro parcial no centro de traballo da Coruña, entre as 20 e as 22 horas.
ASISTIDE.
Comunicado de CGT da Coruña acerca dos despidos de 179 traballadores en Atento
Comunicado da Federación Local de sindicatos da CGT da Coruña ante o despido de 179 traballadores e traballadoras en Atento (empresa filial de Telefónica) no seu centro de traballo da Coruña, fai público o seguinte pronunciamento:
Videos da carga policial contra traballadores e traballadoras concentrados frente ATENTO na Coruña
Manifestación contra os despidos en ATENTO na Coruña
O venres, 23 de marzo, ás 20 horas, está convocada unha Manifestación de protesta polos despidos en ATENTO da Coruña que percorrerá as rúas mais céntricas da cidade.
Convocatoria Urxente: Asambleas de Traballadores e Traballadoras de ATENTO
Tanto mañá venres como o vindeiro sábado se celebrarán Asambleas de Traballadores e Traballadoras de Atento co gallo das movilizacións contra os 179 despidos de compañeiros e compañeiras no centro de traballo da Coruña.
Se celebrarán no Centro Social de Os Maios, nos seguintes horarios:
De 11 a 13 horas.
De 19 a 21 horas.
ACUDIDE
Seguen as movilizacións na Coruña polos 179 despedidos en ATENTO
Hoxe polo serán volveronse concentrar varios centos de traballadores e traballadoras diante da sé da empresa de telemarketing Atento en protesta polo 179 despedidos. Volveuse a cortar o tráfico na rúa de Juan Florez, ainda que desta vez non houbo carga policial ao permanecer aberto un dos catro carriles ao tráfico.
Carga policial contra a concentración de traballadores en protesta polos despidos en ATENTO
O Comité de Empresa de Atento convocara para hoxe ás 11 da mañá unha concentración diante da sé da empresa para protestar polos 179 despidos no servicio 1004 que comunicara a empresa onte. Varios centos de traballadores e traballadoras secundaron a convocatoria cortando o tráfico na céntrica rúa de Juan Florez, reclamando a readmisión inmediata dos compañeiros e compañeiras despedidas. Unha forte presencia policial tentou retirar aos traballadores e reabrir o tráfico, ante a resistencia pasiva dos concentrados que ao grito de «mais traballo, e menos policía» ou «Atento despide, Telefónica culpable» permanecían concentrados. Nese momento comenzou unha carga policial con empuxóns, golpes, porrazos, … que remataron con varios dos concentrados fortemente magullados e algúns con feridas abertas.
Convocatoria Urxente: Nova Concentración polos 179 despidos en Atento
Está convocada unha nova concentración contra os 179 despidos en Atento Coruña, para hoxe ás 20:00, diante da sé de Atento, na rúa de Juan Florez.
ACUDIDE

