29S: Concentración na Coruña

A CGT da Coruña convoca unha concentración o día 29 de setembro, xoves, ás 12 do mediodía, que terá lugar ante a Delegación do Goberno en Galicia, sita na Praza de Ourense.

Esta concentración é a primeira fase de mobilizacións que a CGT, con outras organizacións sindicais en todo o territorio do estado español, levará a cabo durante todo este outono en protesta pola situación dos traballadores e as medidas de recorte laborais e sociais que se están adoptando coa excusa da crise.

 

Charla formativa sobre as novas reformas laborais

Este xoves, 22 de setembro, a partir das 17 horas, celebrarase nos locais da CGT da Coruña unha charla formativa sobre os últimos recortes e reformas laborais. Con este motivo, desplazaranse desde Madrid dous compañeiros, un do Secretariado Permanente do Comité Confederal e outro do gabinete xurídico confederal.

Polo interés do seu contido, a charla está aberta a toda a afiliación, especialmente aos representantes da CGT nas empresas.

 

 

Ofrendas florais

Como cada ano, o vindeiro domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas da represión na folga xeral (a folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.

A continuación, farase outra ofrenda no conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza dos represaliados polo franquismo.

 

 

 

1º de maio na Coruña

Ás doce e cuarto do mediodía, da Praza de Pontevedra da Coruña, saía a manifestación do Primeiro de Maio convocada conxuntamente pola CGT e a CUT. Tras a cabeceira, que tiña como lema «Contra o paro e o capital, chegou a hora da rebelión», uns trescentos manifestantes percorreron as rúas máis céntricas da cidade para amosar o seu radical rexeitamento á situación actual.

«Comisións, UXT, sindicatos do poder», «Unión, acción, autoxestión, chegou a hora da rebelión», «Contra o paro, contra os despidos, contra os EREs, contra o capital, contra o pensionazo, loita obreira», «Obreiro despedido, patrón colgado», «Obreira despedida, patrón colgado«, e berros pola acción directa foron as consignas máis coreadas.

A manifestación fimalizou, pasada a unha da tarde, na Praza do Humor, onde se leron os manifestos das dúas organizacións sindicais. Para rematar, cantáronse «A las barricadas» e «A Internacional», e se deron vivas ao Primeiro de Maio, á CGT, á Clase Obreira e ao Comunismo Libertario.

 

Manifesto da CGT da Coruña ante o Primeiro de Maio

A CGT da Coruña, ven de facer público o seguinte manifesto:

«CONTRA A CRISE. É HORA DE PASAR Á ACCIÓN

 O 1º de Maio é unha data especialmente simbólica para a clase traballadora de todo o mundo. Con ela lembramos e recuperamos a heroica loita dos traballadores asasinados pola patronal en Chicago en demanda da xornada de oito horas, aló polo ano 1886.
Hoxe, no 2011, temos que seguir aínda con máis contundencia, porque o ataque que estamos a sufrir por parte do capital recorda o salvaxismo patronal de épocas que algúns crían xa pasadas.

Read More

 

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña volverá saír ás rúas da cidade. A manifestación, convocada conxuntamente coa CUT, sairá, ás 12:00 horas, da Praza de Pontevedra e percorrerá o centro urbano para rematar na Praza do Humor.

Para a CGT, é hora de que a clase traballadora se rebele contra a insoportable situación á que o capitalismo e os seus lacaios, a clase política, nos están levando. A dramática situación de 5.000.000 de parados está sendo utilizada pola patronal e os gobernos para aplicar uns recortes sociais e unhas condicións de traballo inaceptables hai ben pouco. Pero, a pesar do conto interesado da crise, a CGT non traga e non está disposta a seguir a outros sindicatos nas prácticas desmobilizadoras e pactistas.

Este Primeiro de Maio, máis que nunca, chegou a hora da rebelión.

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!

 

Concentración en protesta polos despidos de 4 representantes sindicais da CGT en Sykes – A Coruña

Mañá, día 13 de abril, mércores, ás 11:00 horas, a CGT ten convocada unha concentración ante a porta principal do Mercado de Elviña, na Coruña, enderezo actual do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

A concentración faise para denunciar o despedimento de 4 delegados sindicais da CGT nun proceso de persecución sindical por parte da empresa do telemarketing SYKES, que se adica entre outras tarefas á promoción de diversos servizos de Vodafone. Read More