15 de xullo: Folga en Atento contra o ERE

ERE DESPIDOS 0,0Como resultado das Asembleas de traballadoras e traballadoras realizadas o pasado día 4 de Xullo en todos os centros de traballo a nivel estatal, a CGT convoca Folga de 24 horas para o vindeiro día 15 de xullo, en coincidencia coa cuarta reunión da Comisión negociadora.

Dende a CGT entendemos que non é momento de medias tintas, é moito o que nos xogamos e, entre todos e todas, debemos loitar para frear este ERE inxusto e inxustificado.

Tras a campaña de mobilizacións que levamos a cabo dende principios de ano, e que culminou coa folga de 24 horas do pasado 23 de xuño, os traballadores e traballadoras teñen trasmitido, a través das asembleas convocadas, que non hai que afrouxar o paso na loita. Se a situación era mala o día 23 de xuño, a día de hoxe é crítica.

Agardamos que todos os sindicatos con representación en Atento esteamos unidos pola defensa dos 823 postos de traballo que Atento quere destruír.

Ademais, os vindeiros martes 8 de xullo e xoves 10 de xullo haberá concentracións diante da empresa ás 11 e ás 18 horas.

Agora, máis que nunca… Non ao ERE en Atento, nin un paso atrás.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

 

O ERE presentado en Atento supón 823 despedimentos

no_ere_atento_azagraNo día de hoxe, xoves 3 de xullo, celebrouse en Madrid a primeira reunión do período de consultas do ERE (Expedente de Regulación de Emprego) que a dirección de Atento Teleservicios España ten presentado. A partir de hoxe ábrese un prazo de negociación non superior a un mes no que, según a lei, débese traballar para "evitar ou reducir" os 823 despedimentos que a empresa pretende executar.

Para a CGT esos 30 días son o prazo que temos os traballadores e traballadoras para obrigar a ATENTO a retirar este ataque salvaxe aos nosos postos de traballo. Desde a CGT non aceptamos nin asumimos as causas que hoxe expuxo a dirección da empresa.

A propuesta da empresa por provincias é: Barcelona, 131 despidos; Lleida 25 despidos; Madrid, 187 despidos; Cáceres, 11 despidos; Bilbao, 69 despidos; Córdoba, 36 despidos; Sevilla 63 despidos; Jaén, 45 despidos; León, 48 despidos; Toledo 92 despidos; Valencia, 67 despidos; e A Coruña, 49 despidos.

Os criterios que propoñen para seleccionar aos compañeiros/as son subxectivos, arbitrarios e fácilmente manipulables. Como exemplo, pretende que aspectos como o TMO, ou estar de baixa por enfermidade sexan criterios obxectivos para despedir. Os criterios poden variar ao longo destes 30 días, polo que nestes momentos non hai ningunha lista de compañeiros/as que vaian a ser despedidos/as. Se teñen fixado os martes e os xoves como día de reunións durante todo o mes de xullo.

A CGT ten convocado Asembleas de traballadores e traballadoras en todos os centros de traballo para decidirmos colectivamente as medidas a levar cabo. Animamos a todos e todas a asistir e participar. Read More

 

Atento presenta un ERE que afectará en 15 centros, entre eles o da Coruña

cgt_telemarketing_coruña_23XEsta mañá, 26 de xuño, a empresa do telemarketing Atento presentou un ERE que afecta a 15 centros de traballo no estado español, entre eles o da Coruña. A única información que facilitan é que vai afectar ao 9% do panel de traballadores e traballadoras, e que o período de consultas se iniciará o vindeiro 3 de xullo.
O motivo alegado pola empresa é que a compañía sofre unha «importante deterioración de resultados debida fundamentalmente aos seguintes factores: 1. repatriación ou localización (volta do tráfico a España), 2. a perda de volume, e 3. a caída de marxes».

Para a CGT é aberrante, vergonzoso e incomprensible que un dos argumentos de Atento para este ERE, que pode supoñer unha perda de preto de 900 postos de traballo, sexa que hai máis traballo en España pola volta dos servizos de atención. En canto á perda de volume e a caída de marxes, son produto das nefastas condicións que negocian con Telefónica-Movistar e o seu afán por aumentar os seus beneficios.

Dende a última reforma laboral, os EREs xa non se negocian en cada comité de empresa, senón que se constitúe unha comisión negociadora formada por 13 membros elixidos entre os sindicatos con maior número de representación nos centros afectados polo ERE. Será na primeira reunión, do día 3 de xullo, cando empecen as negociacións, que teñen un prazo máximo dun mes, e cando notifiquen o número exacto de afectados e afectadas, e os criterios que pretenden seguir.

A CGT poñerá todos os medios ao seu alcance para parar esta situación e impedir que a especulación de Bain Capital na bolsa de Nova York, e a avaricia de Telefónica-Movistar e Atento sexa pagada polos traballadores e traballadoras.

 

A CGT participará na manifestación en Ferrol contra os recortes en Correos

Logo CGT Correos buzonOs compañeiros e compañeiras da CGT en Correos participarán na Manifestación en protesta polos recortes de postos de traballo que ten previsto levar a cabo a empresa.  Esta mobilización está convocada pola plataforma de carteiros de Ferrol para o vindeiro día 26 de xuño, ás 19.30 horas, con saída dende a praza de España. Correos pretende, baixo a eufemística expresión de «redimensionamiento», recortar ata un 25 % a plantilla, mediante xubilacións anticipadas e eliminación de postos vacantes que se cubrían ata o de agora con persoal temporal.

Dende a sección sindical da CGT en Correos na Coruña se está a organizar o desprazamento dos compañeiros e compañeiras para participar na manifestación, con saída dende o local sindical da Federación Local da CGT na Coruña (rúa de Simón Bolivar, 89).

 

Rodear o Parlamento Galego – Marchas da Dignidade 22M

cartaz-21jComo xa sabedes, a CGT de Galicia participa na Plataforma Galega das Marchas da Dignidade. Esta Plataforma convoca unha manifestación para o próximo día 21 de xuño, sábado, en Compostela que partirá ás 12 horas da estación do ferrocarril e rodeará o Parlamento Galego. Esta acción é continuidade da Marcha da Dignidade que tivo lugar en Madrid o pasado 22 de marzo e farase en coordinación co resto de Plataformas de todo o Estado, que farán manifestacións similares en todas as capitais autonómicas.

A organización ten previsto viaxar en tren, partindo da estación da Coruña ás 11:20 horas e regresando ás 14:40 horas. No caso de que este transporte non sexa suficiente, se fletarán autocares.

A CGT da Coruña considera moi importante a participación neste acto, polo que fai un chamamento a que vos anotedes, coa maior brevidade posible, para organizar a viaxe axeitadamente (sobre todo, as persoas que prefiran viaxar en tren).

 

A CGT chama á folga a máis de 15.000 traballadores e traballadoras do telemarketing

O vindeiro luns 23 de xuño os traballadores e traballadoras das empresas Atento e Extel que prestan servizo para Movistar están chamados pola CGT a secundar un paro de 24 horas en todo o estado.

Folga23xuño_telemarketing2Esta xornada de folga é a continuación dos paros parciais levados a cabo dende o mes de xaneiro por todos os traballadores e traballadoras de ambas as dúas contratas para protestar polas deplorables condicións laborais ás que están sometidos: presión excesiva, acoso, sancións, despedimentos, exhaustivo control do traballo, con constantes auditorías e gravacións indiscriminadas, que se unen a unha constante inestabilidade laboral e uns salarios moi baixos. A territorialización dos servizos de atención de Movistar trouxo unha falsa imaxe de proximidade, porque en teoría se atenden as chamadas dende sitios próximos ao lugar de residencia dos clientes, pero á vez unha precarización das condicións laborais de todos os traballadores e traballadoras do sector, xa que o que antes se atendía en plataformas situadas en países con salarios moito máis precarios, agora ha de ser atendido dende España ao menor custo posible.

Ao longo deste mes de xuño, fóronse sumando máis sindicatos a esta convocatoria. Na Coruña todas as forzas sindicais presentes nos centros de Atento e Extel manifestaron o seu apoio á folga do día 23.

Coincidindo coa xornada de folga, a CGT convocou unha manifestación ás 12:30 horas que partirá dende Atento, situado na rúa Juan Florez 80- 82, á que están chamados todos os traballadores e traballadoras.

 

Non á represión sindical en NovaGalicia

A CGT fai un chamamento a súa afiliación e ó conxunto dos traballadores e traballadoras de NovaGalicia para manifestarse o próximo sábado, 21 de xuño, ás 10:00h da mañán, diante do "Coliseum" da Coruña, para denunciar un novo caso de represión sindical e atentado ós dereitos dos traballadores: o intento de despido do ex representante da CGT en NovaGalicia, Julian Horche, sen outro motivo nin xustificación verdadeiros que a represalia indiscriminada contra os traballadores que alzan a voz, e prantan cara ós atropellos da empresa. Ese mesmo día, a mesma hora, no Coliseum terá lugar a "Convención de empleados de NovaGalicia" .
A CGT de Pontevedra pon a disposición da afiliación un autobús de solidariedade que sairá o mesmo día 21 de xuño ás 8 da mañán hacia Coruña e voltará a Pontevedra unha vez rematada a concentración.

Comités de CGT Pontevedra e CGT Coruña

 

Mobilización dos traballadores e traballadoras de Correos na Coruña

OLogo CGT Correos buzons traballadores e traballadoras de Correos na Coruña están chamados a secundar una concentración diante da Unidade de Reparto 2 da Coruña, no barrio dos Maios, a partir das 9 horas do día 3 de xuño.  A mobilización está convocada polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal para enfrontar os recortes de persoal que a dirección da empresa ten acometido nesa carteiría e que, en principio, conlevará a perda de 9 postos de reparto.

 

Acto en lembranza das vítimas da represión durante a folga xeral de 1901 na Coruña

Ofrenda floral aos mortos na folga de 1901

O vindeiro domingo, día 1 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.
Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901, no blog Memoria Libertaria na Galiza

 

Continúa o boicot aos produtos de Panrico

KARTEL PANRIKO webOs compañeiros e compañeiras de Panrico na factoría de Santa Perpetua (Barcelona) levan máis de seis meses en Folga Indefinida, defendéndose dun ERE có que se pretende despedir a unha boa parte do cadro de persoal, de xeito totalmente inxustificado ademáis de discriminatorio. O xuizo se ten celebrado o día 6 de maio, logo dun sinfín de manobras impresentables por parte da empresa e a dirección de CC.OO.

A CGT da Coruña xa tiña acordado sumarse ao boicot declarado polos traballadores de Panrico aos produtos de dita empresa e facer un chamamento á cidadanía para que deixen de mercar Pan de Molde, Bollycaos, Donuts, Donettes, Grisines, etc.

Os traballadores e traballadoras seguen a precisar da solidariedade da clase obreira. Por iso continúa a campaña de boicot aos productos Panrico ata que remate o conflito. ¡A Solidariedade é a nosa forza¡

Read More