A CGT denuncia o acoso e a persecución á que está a someter Atento aos traballadores e traballadoras que plantan cara aos seus abusos; nos últimos días a empresa está a sancionar con amoestacións escritas ao redor de 80 traballadoras e traballadores do 1002 (servizo técnico de liñas de voz, internet e TV de Movistar) que o pasado 8 de setembro, ante a caída xeral das aplicacións informáticas, desconectaron os seus postos de traballo por non existir un mínimo de garantías para desempeñalo, nin un protocolo de actuación ante tales situacións (protocolo que as compañeiras e compañeiros esixían ter por escrito para volver atender as chamadas dos clientes, xa que non está recollido na operativa do servizo e non cumprir a operativa pode carrexar sancións).
Ademais, Atento abriu un expediente sancionador infestado de falsidades ás dúas delegadas da CGT presentes ese día no centro de traballo, acusándoas de instigadoras do plante laboral -espontáneo, razoado e razoable- do persoal; e tamén de extralimitarse nas súas funcións sindicais, cando neste sentido a súa actuación foi irreprochable ao defender aos traballadores e traballadoras das ameazas da empresa. Non só iso, senón que a CGT presentou inmediatamente unha denuncia polos feitos ocorridos ante a Inspección de Traballo, polo que cremos firmemente que a empresa está a tomar represalias contra o noso sindicato. A apertura dos expedientes disciplinarios pode supoñer unha sanción de ata 3 meses de emprego e soldo ou o despedimento das compañeiras. Read More
O vindeiro domingo 20 de setembro está convocada unha nova Marea Branca en defensa da Sanidade Pública, convocada pola
A CGT da Coruña apoia a concentración convocada para o vindeiro xoves, 3 de setembro, ás 12 horas, na rotonda do CHUAC, demandando solución para a doente Dolores Asunción. Esta mobilización está convocada pola 

A CGT da Coruña fai un chamado a toda a súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar o vindeiro domingo 19 de xullo nunha nova "Marea Branca" convocada para as 12:30 horas no Obelisco da Coruña. Baixo o lema "A sanidade non se vende, deféndese!" esta mobilización está convocada pola