Un poco despóis das 12 do mediodía, un cento de persoas convocadas pola CGT iniciou a manifestación desde a Praza de Pontevedra, na Coruña.
A manifestación iba encabezada por unha pancarta que, en grandes tipos, tiña como lema «Folga Xeral» e recorreu diversas rúas do centro urbano, como as de San Andrés, Nova, Real, Barrera e Pontejos, rematando, á unha da tarde, na Praza do Humor.
Durante o percorrido, botáronse berros contra o capital, os despidos e o paro, así como cántigas e consignas chamando á Folga Xeral.
No remate, o secretario de comunicación da CGT coruñesa fixo unha exposición dos motivos que nos levan a chamar ao resto de traballadores a unha Folga Xeral, estando os catro millóns de parados, os EREs e a malchamada crise capitalista na orixe da necesidade imprescindible da súa convocatoria.