Atento e Movistar queren partir a vida a 1000 traballador@s
A pasada semana Atento iniciou un proceso de modificación das condicións de traballo que afectará a máis de mil traballadores e traballadoras en todo o estado; os cambios supoñen perda de salario, cambios á quenda partida en persoas que recorren ao pruriemprego para poder ter salarios que lles permitan subsistir e así non van poder facelo, quendas de ata 9 días de traballo seguidos cada dúas semanas… todas estas salvaxes alteracións coa única escusa de que Movistar vai reducir o seu horario de atención comercial tres horas ao día. Read More

A CGT da Coruña convoca unha concentración o próximo xoves, día 20, ás 19:30 horas, diante da Subdelegación do Goberno na Coruña, polos motivos que se expoñen:
Mañá, martes, día 18 de outubro, @s traballador@s de Extel farán outra folga de 24 horas para manifestar o seu rexeitamento do ERE presentado pola empresa que pretende suprimir 355 postos de traballo (205 na Coruña).
Mañá, sábado, día 15, ás 19:00 horas, desde o Campo de Marte da Coruña terá saída unha manifestación contra os tratados TTIP/CETA/TISA, tratados de libre comercio que se están intentando impoñer entre EEUU e a UE.
Tras los éxitos de los paros parciales de los pasados días 22 y 29 septiembre, la CGT, junto con el resto de los sindicatos, ha convocado un paro de 24 horas en todo el sector para el próximo viernes, día 6 de octubre en protesta por el nulo avance de la negociación del Convenio Colectivo.
A CGT da Coruña convoca a toda a súa afiliación, simpatizantes e pobo traballador en xeral a que participen na manifestación que comezará o próximo xoves, día 6, ás 20:00 horas, diante da tenda de Movistar na rúa Ramón y Cajal da Coruña. O €R€ que pretende a empresa Extel consiste no despedimento de 355 traballadores, dos que 205 son do centro de traballo da Coruña.
A CGT da Coruña convoca a súa afiliación e simpatizantes a unha nova concentración diante da sede do Banco Santander na Coruña, no Cantón Pequeno, número 15-17, o próximo mércores, día 5 de outubro, ás 13:00 horas.
A empresa Extel comunicou onte aos representantes dos traballadores a súa intención de desfacerse de 355 deles, dos cales 205 corresponden ao centro de traballo da Coruña.