Co lema "Pasaxe segura xa!", diversas organizacións convocan para o próximo sábado, día 27, ás 19:30 horas, unha manifestación que s

airá da Praia de Riazor e rematará no Obelisco. A esta convocatoria súmase a CGT da Coruña.
A manifestación faise coincidir na data coa "Marcha europea polos dereitos das persoas refuxiadas", que distintas organizacións de toda Europa convocan para esixir vías de accesos seguras ao continente para os milleiros de persoas que cada día se ven obrigadas a cruzar o Mediterráneo e as fronteiras xogándose literalmente a vida, mentres gobernos e estados non fan outra cousa que poñerlles todo tipo de obstáculos.
Non podemos quedar indiferentes ante a indignidade dos chamados "líderes europeos", que se limitan a dar voltas ao redor do problema sen aportar ningunha solución, no mellor dos casos, e a utilizar a xenofobia e a represión dos fuxidos en outros moitos; e non podemos quedar pasivos ante un problema que xa causou milleiros de mortes na guerra, milleiros de mortes na viaxe, máis de 10.000 nenos desaparecidos sen clarexar, etc.
A CGT da Coruña fai un chamamento para que non esquezamos o noso pasado e a nosa actualidade como emigrantes e amosemos a nosa solidariedade acudindo á manifestación.
Comité Local da CGT da Coruña
O vindeiro domingo 21 de febreiro, ás 12:30 horas está convocada unha nova Marea Branca que desta vez poñerá o acento nos incrementos das listas de agarda e nos procesos de privatización da sanidade a través de tratados internacionais como o TISA. Como en anteriores ocasión, a CGT da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar nas rúas de Santiago, Pontevedra e A Coruña (Obelisco).