A CGT fai un chamamento a súa afiliación e ó conxunto dos traballadores e traballadoras de NovaGalicia para manifestarse o próximo sábado, 21 de xuño, ás 10:00h da mañán, diante do "Coliseum" da Coruña, para denunciar un novo caso de represión sindical e atentado ós dereitos dos traballadores: o intento de despido do ex representante da CGT en NovaGalicia, Julian Horche, sen outro motivo nin xustificación verdadeiros que a represalia indiscriminada contra os traballadores que alzan a voz, e prantan cara ós atropellos da empresa. Ese mesmo día, a mesma hora, no Coliseum terá lugar a "Convención de empleados de NovaGalicia" .
A CGT de Pontevedra pon a disposición da afiliación un autobús de solidariedade que sairá o mesmo día 21 de xuño ás 8 da mañán hacia Coruña e voltará a Pontevedra unha vez rematada a concentración.
Comités de CGT Pontevedra e CGT Coruña
s traballadores e traballadoras de Correos na Coruña están chamados a secundar una concentración diante da Unidade de Reparto 2 da Coruña, no barrio dos Maios, a partir das 9 horas do día 3 de xuño.  A mobilización está convocada polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal para enfrontar os recortes de persoal que a dirección da empresa ten acometido nesa carteiría e que, en principio, conlevará a perda de 9 postos de reparto.
Os compañeiros e compañeiras de Panrico na factoría de Santa Perpetua (Barcelona) levan máis de seis meses en Folga Indefinida, defendéndose dun ERE có que se pretende despedir a unha boa parte do cadro de persoal, de xeito totalmente inxustificado ademáis de discriminatorio. O xuizo se ten celebrado o día 6 de maio, logo dun sinfín de manobras impresentables por parte da empresa e a dirección de CC.OO.
A CGT da Coruña apoia a manifestación convocada polaÂ
Os traballadores e traballadoras das empresas Atento e Extel na Coruña, subcontratas de Movistar, están chamados a secundar unha nova xornada de mobilización. O vindeiro luns, 5 de maio, están convocados paros dunha hora na quenda da mañá de 11 a 12 horas e na quenda de tarde, de 18 a 19 horas. Â Esta nova xornada de loita da continuidade ás mobilizacións unitarias dos traballadores e traballadoras das contratas de Movistar, non só na Coruña, senón tamén no resto do estado español.
