1ª Semana Libertaria da CGT de Vigo: do 26 de Abril ao 1º de Maio de 2010

Aproveitando a convocatoria do 1º de Maio, vanse realizar unha serie de actos en Vigo para dar a coñecer as posicións de CGT sobre diversos aspectos, tanto sindicais coma sociais ou relacionados coa historia do movemento obreiro. Para dar o «pistoletazo» de saída o vindeiro luns 26 estará connosco o Secretario Xeral da CGT, Jacinto Ceacero Cubillo, e o Secretario de Organización do SP do Comité Confederal, Luis Romón Onrubia, para falarnos da crise e das respostas que está a artellar a CGT ante a mesma.

O calendario da SEMANA LIBERTARIA é o seguinte:

Luns 26: Respostas da CGT a crise (Secretariado Permanente da CGT estatal) ás 20:00 no Cristo da Vitoria, Rúa Baiona nº 9 (xunto á gasolineira).

Read More

 

 

 

 

 

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria do Sindicato de Oficios Varios:

Con motivo da convocatoria dun Pleno Extraordinario de Sindicatos da CGT de Galicia, convócase Asemblea Xeral Extraordinaria do Sindicato de Oficios Varios para o día 16 de marzo ás 19:00 horas no local do Sindicato, para tratar a orde do día deste Pleno, aproveitando esta convocatoria trataranse tamén, temas relacionados con actividade do Sindicato de Oficios Varios de Vigo.

O material necesario para o debate sobre o punto da Folga Xeral está no local do Sindicato a disposición de todos os afiliados.

Agardamos a vosa participación.

 

Concentración no Alcampo- Coia

Os compañer@s do Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo, participan nas concentracións contra a multinacional ALCAMPO, que acaba de adxudicar o contrato de limpeza a unha empresa de integración social de persoas con minusvalías, omitindo a subrogación do persoal da anterior contrata, (dereito recollido no convenio colectivo provincial) orixinando a perda dos empregos da totalidade do cadro de persoal. Esta manobra da multinacional, só ten un obxectivo económico, abaratar o servizo de limpeza, e o que é máis grave, abre a porta para que o ocorrido no ALCAMPO sexa tan só o inicio. Os compañeir@s do SLMV-CGT, seguiremos apoiando a este colectivo que se atopa despoxados dos seus empregos e en situación de total indefensión.
 
 

 

 

8 de Marzo Día da Muller Traballadora:

O Sindicato de Oficios Varios e o Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo convocamos aos nosos afiliados/as á manifestación que con motivo do Día da Muller Traballadora terá lugar o luns dia 8 ás 20:00 horas dende a Praza de Portugal á Porta do Sol.

Agardamos a vosa participación.

Secretarías da Muller do SOV de Vigo e SLM de Vigo.