Concentración contra a explotación patronal
O VINDEIRO XOVES 23 DE DECEMBRO FRONTE A TENDA DA ONG AMARANTE SETEM EN PONTEVEDRA (rúa Conde de San Roman 9). ÁS 18:00h.
De todas é coñecida a actitude desta «ONG» en relación aos dereitos dos traballadores e as súas prácticas empresariais: despedimentos e constantes violacións dos dereitos laborais. Para amosar a nosa repulsa fronte a este tipo actitudes, máis se cabe, vindo unha organización que se di transformadora e tamén a nosa solidariedade coa compañeira despedida, convocámosvos a esta concentración diante da sede da organización Amarante en Pontevedra o vindeiro xoves 23 de decembro ás 18:00.
Si se comportan como empresarios , responderémoslles como empresarios.
Acción en apoio á Folga de Consumo do 21-DEC
Fíxose un chamamento á propia Folga e tamén á Manifestación do próximo martes
Un grupo de activistas encadeou onte aos mariñeiros do "Monumento ao traballo" en Vigo. Hoxe aínda conservaban as cadeas e as pesadas cargas que soporta a clase traballadora. Como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí a galería fotográfica do resultado da acción…
Represión contra os folguistas
A Folga do día 29
de setembro foi un éxito, ninguén medianamente obxectivo o pon en dúbida. A participación dos sindicatos de Galicia na mesma foi tamén salientable. Quizais sexa por isto, polo que practicamente dous meses despois da mesma continúan chegando aos compañeiros que participaron activamente acordos de incoacción de expedientes sancionadores. Aínda que os feitos que nestes expedientes se describen son propios de mentes moi imaxinativas, a última comunicación de apertura de expediente é a máis «espectacular». O pasado 14 de decembro un compañeiro do metal reciviu esta comunicación onde se lle acusa de «tenencia de tornillos en vía pública», sancionable con 400 €. ¡Impresionante! Resulta que agora ter/levar tornillos na vía pública é un feito que atenda contra a Lei de Seguridade Cidadan.
Estamos ante unha política que se leva aplicando na comarca de Vigo dende as pasadas mobilizacións do Metal e que non pretende outra cousa que amedrentar as/os traballadores para impedir a súa participación en accións mobilizadoras. O Estado pretende criminalizando aos traballadores/as e as súas organizacións sindicais que estes cedan por esta presión económica na defensa dos seus lexítimos dereitos.
Atentos os carpinteiros!!!!
Manifestación no día da Folga de Consumo:
21 de decembro de 2010: Folga de consumo 20:00 H Manifestación dende Praza Fernando o Católico ESTE MARTES 21 DE DECEMBRO: FOLGA DE CONSUMO CONTRA O CAPITALISMO: XORNADA SEN CONSUMO, DÍA SEN COMPRAS POR QUE UNHA FOLGA DE CONSUMO? Tras a Folga Xeral do 29-S, traballando pola convocatoria de novas folgas xerais no estado español e unha Folga Xeral europea, proseguimos cun calendario de mobilizacións, manifestacións, de loitas en fábricas, empresas, sectores, territorios… contra as políticas antisociais do goberno, a reforma laboral, a reforma das pensións, os recortes sociais e laborais, ata conseguir a derrogación de todas estas leis e instaurar as bases dun novo modelo social, económico e produtivo que non estea baseado no produtivismo, o crecemento indiscriminado, a política de desenvolvemento, a explotación, o consumismo.
Segue o conflito colectivo en Amarante Setem
As centrais sindicais CUT e CGT dan por pechada a negociación coa ONG ante a súa negativa a buscar unha solución consensuada co conxunto das traballadoras.
 Nos últimos meses as centrais sindicais CUT e CGT levamos denunciando o tinte empresarial das prácticas que ven desenvolvendo a Directiva da ONG AMARANTE Setem na súa xestión de persoal. Read More
Concentración contra as medidas económicas do goberno:
Continúa o proceso contra as eleccións en Citroà«n
O pasado 28 de outubro, despois de que a Mesa, a Empresa, sindicatos institucionais e «amarillo» decidiran ignorar o laudo arbitral, CGT presentou no xulgado un requirimento para que a autoridade xudicial obrigara ao cumprimento do laudo (que ten forza de sentenza xudicial). Mentras os contrarios á legalidade dicían aos catro ventos empregando como altofalantes todos os medios de comunicación, e os taboleiros de anuncios da propia factoría, que todos eles, absolutamente todos (Empresa, Mesa, institucionais e amarillos) acataban o laudo e que este non dicía nada de anulación do proceso electoral. Pero sempre se colle antes a un metireiro que a un coxo. Read More
CGT GAà‘A A IMPUGNACIÓN DAS ELECCIÓNS EN CITROà‹N
O ARBITRO Â DA A RAZÓN A CGT ANULANDO O PROCESO ELECTORAL, PERO A MESA, EMPRESA E SINDICATOS INSTITUCIONAIS DESOEN O DITAME E CONTINÚAN CO PROCESO.
«Por tanto se estima la reclamación interpuesta por CGT, anulándose el proceso electoral desarrollado, retrotrayéndose al momento de la entrega del censo laboral existente el día de la convocatoria de la elección de representantes sindicales». Este é o laudo, de obrigado cumprimento para as partes que se dicta o martes 26 de outubro. Non obstante e despois de tentar convencer aos representantes da Sección Sindical de Citroà«n ofrecéndolles «un novo marco de relacións entre a empresa e CGT» a Empresa, a Mesa e os sindicatos institucionais xunto co «amarillo», decidiron na mañá do mércores 28 que o proceso continuara, ignorando a resolución arbitral. Así o vindeiro venres 29 produciranse as votacións que serán inmediatamente denunciadas por CGT.
Sancionado un delegado sindical da CGT de Unísono Vigo:
O Secretario Xeral da CGT Unísono Vigo Carlos Touza foi sancionado con dous días de suspensión de empleo e soldo no día de onte por baixada do rendemento do traballo según o artigo 69.6 do actual Convenio Colectivo de Telemarketing.
No departamento no que está Voz e Datos de Orange aumentaron o número de sanciones por este motivo nun total de 40 sancións nos últimos 3 meses por calidade producindo una situación de malestar e ansiedade nesta campaña e noutras onde tamén se sanciona.
