Convocatoria Urxente: Asambleas de Traballadores e Traballadoras de ATENTO

Tanto mañá venres como o vindeiro sábado se celebrarán Asambleas de Traballadores e Traballadoras de Atento co gallo das movilizacións contra os 179 despidos de compañeiros e compañeiras no centro de traballo da Coruña.

Se celebrarán no Centro Social de Os Maios, nos seguintes horarios:

De 11 a 13 horas.

De 19 a 21 horas.

ACUDIDE

 

 

 

A CGT da Coruña, no Portiño

A CGT da Coruña apoia o acto convocado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica para recorda-la fuga do Portiño, feito que tivo lugar hai 70 anos.

O acto terá lugar no peirao do Portiño o venres, día 9, ás 19:30 horas e forma parte dos actos que a Comisión para a recuperación da memoria arrebatada polo fascismo.

A CGT coruñesa asinou, con outras organización, unha taboa de peticións para presentar no concello da Coruña, na que se pide, entre outras cousas a eliminación do noménclator franquista, así como a retirada dos homenaxes e nomeamentos que ó dictador Franco lle fixo o concello fascista.

CGT da Coruña.

 

Concentraciones en Atento – Coruña

Ante os despidos que se veñen producindo na empresa Atento no seu centro de traballo da Coruña, o comité de empresa convoca a tódolos traballadoras e traballadores a facer concentracións diante da empresa, sita na rúa Juan Flórez da Coruña.

Estas concentracións están apoiadas firmememte pola CGT, e terán lugar o próximo luns, día 12, ás 12 do mediodía e ás 8 do serán.

Sección Sindical de CGT-Atento.

 

Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria na Coruña

Memoria Libertaria

Entre os días 3 e 12 de Abril, a Exposición «Memoria Libertaria» estará na Coruña, na Sala de Exposicións da Fundación R.Iglesias, e con ese motivo celebraremos unhas Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria, con charlas, música, …
A exposición consta de varios paneis que lembran a Revolución Libertaria de 1936 en tódolos eidos: educación, colectivizacións, …

Folleto – Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria
Cartel – Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria

Mais información na web Memoria Libertaria

ou no Blog das Xornadas: Memoria Libertaria na Galiza