A CGT da Coruña chama a participar na manifestación do 23F

cartel_23F_coruña

A CGT da Coruña fai un chamamento a todos os seus afiliados e afiliadas a participar activamente, sen conformar un bloque propio, na Manifestación que baixo o lema «Non ao golpe de estado financieiro» terá lugar o vindeiro sábado, 23 de febreiro, con saída do Obelisco, ás 12:30 horas. A manifestación ten por obxecto a «confluencia de aqueles colectivos e persoas que nos vemos violentamente afectadas polas políticas de recortes e polo saqueo do público que se está a exercer desde o poder político institucional».

CGT da Coruña

 

 

 

Paros en EXTEL na Coruña contra os abusos empresariais

A empresa do telemarketing EXTEL, do grupo ADECCO, ten dado un paso mais no encadeamento de abusos aos que ten acostumados aos seus traballadores e traballadoras no centro de traballo de que dispón na Coruña.
Desta volta, e de costas ao Comité, a empresa comunicou a mais de 150 traballadores e traballadoras do departamento de Retención Pemes un cambio de departamento que supón unha modificación sustancial das súas condicións de traballo dado que afecta ao seus horarios e rendemento no traballo, afectando á súa remuneración. Dos 150 afectados, 34 traballadores e traballadoras foron despedidos por fin de obra o domingo para o luns firmar un novo contrato.
O Comité considera que a empresa está a facer un despido colectivo e modificación das condicións de traballo, con cambios de horarios, de xeito ilegal, saltándose tódolos procedementos establecidos. A dirección da empresa leva un mes de enganos, vendendo a intención de manter xornadas, quendas e horarios, cando o que realmente facía era recolocar a dedo, sen ningún tipo de criterio obxectivo.

Despidos_extel
Por isto, a CGT e o resto de sindicatos presentes no Comité, anuncia que non vai a tolerar que esta actuación empresarial e chama a todos os traballadores e traballadoras da plataforma a secundar os paros convocados dunha hora por quenda de traballo, o vindeiro xoves, 21 de febreiro, ás 12:30 e ás 18:30.

 Sección Sindical da CGT en EXTEL na Coruña

 

Concentración na Coruña contra os recortes nos servizos públicos.

Continúan as mobilizacións impulsadas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, na que participa a CGT e que coordina a 18 organizacións sindicais e sectoriais. Así, o vindeiro xoves, 21 de febreiro, se celebrarán de xeito simultaneo concentracións nas principais cidades galegas. Na cidade da Coruña, a concentración está convocada ás 19 horas, diante do Edificio de Facenda da Xunta de Galicia que está situado na praza de Pontevedra.

Cartaz_servizos_publicos_20130221

A CGT da Coruña chama á participación, non só de todos os empregados públicos, senón tamén de todos os traballadores e traballadoras para seguer a loitar na defensa duns servizos públicos de calidade para todos e todas.

CGT A Coruña 

 

Mobilizacións en defensa dos servizos públicos na Coruña

cartaz_recortes_20130109O próximo xoves, día 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ten convocado unha concentración diante da Delegación do Goberno, na Praza de Ourense da Coruña.
Na Plataforma están integrada a CGT, así como o resto dos sindicatos, e o obxectivo da concentración (que pode converterse en manifestación, segundo o número de participantes) é a de protestar polo desmantelamento dos servizos públicos e as polas continuas agresións contra os dereitos dos empregados públicos.
O punto de encontro para os compañeiros da CGT é diante do quiosco da Praza de Ourense, pouco antes da concentración.
Asímesmo, os xoves días 17, 24 e 31 deste mes de xaneiro haberá concentracións, ás 11:30 horas, diante do Edificio da Xunta en Monelos, contra os recortes na Administración pública.

Actualización: A concentración convértese en Manifestación dende a Delegación do Goberno (praza de Ourense) ata a Subdelegación do Goberno (Avenida da Marina) [Editado 15-01-2013]

CGT da Coruña

 

Asemblea do Sindicato de Oficios Varios da Coruña

Todos os afiliados e afiliadas do Sindicato de Oficios Varios da CGT da Coruña están chamados a participar na Asamblea Xeral do Sindicato, o vindeiro venres, día 25 de xaneiro, ás 19:30 horas, con obxecto de tomar os acordos sobre os asuntos da orde do día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que se celebrará en Pontevedra, os días 2 e 3 de febreiro.

Con obxecto de facilitar a reflexión e o debate sobre os asuntos a tratar, o venres 18 de xaneiro, ás 18:30 horas, se celebrará unha xuntanza de estudio e compilación dos materiais de debate recibidos.

CGT da Coruña

 

Asamblea do sector do telemarketing da CGT da Coruña

Todos os afiliados e afiliadas da CGT da Coruña do sector do telemarketing están convocados o vindeiro venres, 4 de xaneiro, ás 14 horas a unha Asamblea que terá lugar nos locais sindicais da rúa de Simón Bolivar, 89.

Na orde do día da Asamblea figura a toma de acordos de cara ao Pleno Confederal da Coordinadora do Telemarketing da CGT que se celebrará en Madrid os días 10 e 11 de xaneiro.

Se fai un chamado a toda a afiliación do sector a asistir e participar activamente.

 

CGT da Coruña

 

Novas mobilizacións en Extel na Coruña contra os despedimentos.

concentracion_extel_webOs traballadores e traballadoras do centro que EXTEL (empresa do sector do telemarketing) ten na cidade da Coruña veñen sufrindo dende hai algún tempo unha intolerable sangría de sancións e despedimentos con presunto apoio legal na última reforma laboral perpetrada polo goberno.

Por isto, o Comité de Empresa, ten acordado por unanimidade emprender novas mobilizacións contra estas reiteradas agresións da empresa. Así, o vindeiro 3 de Xaneiro celebrarán unha Asamblea Informativa, en dúas quendas, ás 14 e ás 16 horas no Salón de Actos do edificio de sindicatos sito na Avenida de Alfonso Molina.

Asemade, se teñen convocado paros dunha hora en cada quenda de traballo para o vindeiro  martes, 8 de Xaneiro, entre as 11:30 e as 12:30 na quenda da mañá, e entre as 18:30 e as 19:30 na quenda da tarde.

A sección sindical da CGT da Coruña en EXTEL fai un chamamento a todos os traballadores e traballadoras a superar os medos e amosar a unidade na loita e a firmeza na decisión de non tolerar ningún outro despedimento.

Mais información no Blog da Sección Sindical da CGT en EXTEL na Coruña

Sección Sindical da CGT en EXTEL Coruña

 

Paros e concentracións en Atento na Coruña

O vindeiro xoves día 20 celebrarase, ás 10:40 horas, o xuizo polas reduccións de xornada levadas a cabo pola empresa no CAT ADSL no pasado mes de marzo.

Estas reduccións de xornada afectaron a 180 traballadores e foron rexeitadas frontalmente pola CGT, denunciando a  pretensión de la empresa de ejecutar una reducción de jornada innecesaria e premeditadamente fraudulenta, discriminatoria e abusiva.

En coincidencia co xuizo terá lugar unha concentración entre as 10:30 e as 12:00 horas diante das portas dos xulgados. O Comité de Empresa ten convocado un paro entre as 10:00 e as 12:00 horas dese mesmo día para que todos os traballadores e traballadoras podan acudir á concentración convocada diante dos xulgados.

A Sección Sindical da CGT en Atento Coruña chama a atención sobre a importancia de secundar o paro convocado, e fai un chamado para acudir á concentración co gallo de facer ver e oir a voz dos traballadores e traballadoras de Atento.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

 

Manifestación do 14 de novembro

A CGT da Coruña convoca, conxuntamente coa CUT, o próximo día 14 de novembro, día da Folga Xeral, unha manifestación que sairá, ás 12:30 horas, da Praza de Portugal e rematará na Delegación do Goberno.

A CGT quere manifestar que intentou que a manifestación fose unitaria, pero se lle indicou que «A cabeceira estaba pechada», pero que «estarían encantados de que participásedes ao final coa vosa propia parafernalia». Ante esta situación, que supón que os traballadores afiliados á CGT teñen unha categoría inferior ao dos sindicatos malchamados maioritarios, decidiuse que se celebraría unha manifestación diferenciada con aqueles que non tivese tais actitudes discriminatorias.

CGT da Coruña

 

Concentración contra as medidas antiobreiras do goberno e a prol da Folga Xeral

A CGT da Coruña convoca unha concentración o día 31, mércores, ás 19:30 horas, no inicio da Rúa Real, da Coruña, no cruce da Rúa do Agar, en protesta polos recortes e as medidas antisociais do goberno e a prol do Paro Xeral de 24 horas que terá lugar o día 14 de novembro.

Para a CGT, a situación na que se atopan os traballadores e a poboación máis débil é intolerable e merecente da mobilización máis rotunda do pobo. A CGT considera que non se pode manter unha actitude de submisión e mansedume cando hai casi seis millóns de parados, 500 desafiuzamentos diarios e un 20% da poboación en grave risco de exclusión. Por iso non pode haber nin tregua nin descanso para os que se están beneficiando da chamada crise nin para aqueles que, desde o poder, a utilizan para deixar sen dereitos aos que non teñen culpa dos seus desmáns.

NON QUEDES NA CASA E SAE Á RÚA A BERRAR!

CONTRA A EXPLOTACIÓN E AS POLÍTICAS QUE NOS LEVAN Á MISERIA!

VIVA A FOLGA XERAL!