Asemblea do Sindicato de Oficios Varios da Coruña

Todos os afiliados e afiliadas do Sindicato de Oficios Varios da CGT da Coruña están chamados a participar na Asamblea Xeral do Sindicato, o vindeiro venres, día 25 de xaneiro, ás 19:30 horas, con obxecto de tomar os acordos sobre os asuntos da orde do día do Pleno de Sindicatos da CGT de Galicia que se celebrará en Pontevedra, os días 2 e 3 de febreiro.

Con obxecto de facilitar a reflexión e o debate sobre os asuntos a tratar, o venres 18 de xaneiro, ás 18:30 horas, se celebrará unha xuntanza de estudio e compilación dos materiais de debate recibidos.

CGT da Coruña

 

Asamblea do sector do telemarketing da CGT da Coruña

Todos os afiliados e afiliadas da CGT da Coruña do sector do telemarketing están convocados o vindeiro venres, 4 de xaneiro, ás 14 horas a unha Asamblea que terá lugar nos locais sindicais da rúa de Simón Bolivar, 89.

Na orde do día da Asamblea figura a toma de acordos de cara ao Pleno Confederal da Coordinadora do Telemarketing da CGT que se celebrará en Madrid os días 10 e 11 de xaneiro.

Se fai un chamado a toda a afiliación do sector a asistir e participar activamente.

 

CGT da Coruña

 

Novas mobilizacións en Extel na Coruña contra os despedimentos.

concentracion_extel_webOs traballadores e traballadoras do centro que EXTEL (empresa do sector do telemarketing) ten na cidade da Coruña veñen sufrindo dende hai algún tempo unha intolerable sangría de sancións e despedimentos con presunto apoio legal na última reforma laboral perpetrada polo goberno.

Por isto, o Comité de Empresa, ten acordado por unanimidade emprender novas mobilizacións contra estas reiteradas agresións da empresa. Así, o vindeiro 3 de Xaneiro celebrarán unha Asamblea Informativa, en dúas quendas, ás 14 e ás 16 horas no Salón de Actos do edificio de sindicatos sito na Avenida de Alfonso Molina.

Asemade, se teñen convocado paros dunha hora en cada quenda de traballo para o vindeiro  martes, 8 de Xaneiro, entre as 11:30 e as 12:30 na quenda da mañá, e entre as 18:30 e as 19:30 na quenda da tarde.

A sección sindical da CGT da Coruña en EXTEL fai un chamamento a todos os traballadores e traballadoras a superar os medos e amosar a unidade na loita e a firmeza na decisión de non tolerar ningún outro despedimento.

Mais información no Blog da Sección Sindical da CGT en EXTEL na Coruña

Sección Sindical da CGT en EXTEL Coruña

 

Paros e concentracións en Atento na Coruña

O vindeiro xoves día 20 celebrarase, ás 10:40 horas, o xuizo polas reduccións de xornada levadas a cabo pola empresa no CAT ADSL no pasado mes de marzo.

Estas reduccións de xornada afectaron a 180 traballadores e foron rexeitadas frontalmente pola CGT, denunciando a  pretensión de la empresa de ejecutar una reducción de jornada innecesaria e premeditadamente fraudulenta, discriminatoria e abusiva.

En coincidencia co xuizo terá lugar unha concentración entre as 10:30 e as 12:00 horas diante das portas dos xulgados. O Comité de Empresa ten convocado un paro entre as 10:00 e as 12:00 horas dese mesmo día para que todos os traballadores e traballadoras podan acudir á concentración convocada diante dos xulgados.

A Sección Sindical da CGT en Atento Coruña chama a atención sobre a importancia de secundar o paro convocado, e fai un chamado para acudir á concentración co gallo de facer ver e oir a voz dos traballadores e traballadoras de Atento.

Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña

 

Eleccións sindicais en Atento na Coruña

Hoxe tiveron lugar as eleccións sindicais na empresa de telemarketing Atento, na Coruña. Nestas eleccións se renovaba totalmente o comité de empresa que pasa de estar conformado por 21 delegados e delegadas, a quedar en 17.

Tralo escrutinio, os resultados son os seguintes: a CGT é a segunda candidatura con maior número de votos, aumentando ata os 106, e mantendo os catro delegados/as cos que xa contaba no comité de empresa.

A lista máis votada, con 166 votos, é a de UGT ainda que perde votos e catro dos dez delegados que tiña. Quedan con tres delegados cada unha, as candidaturas de CCOO (que sube un delegado) e CIG (que perde dous delegados). Entra no novo comité, cun único delegado, a candidatura de USO.

Con estes resultados, a CGT recibe un maior respaldo por parte dos traballadores e traballadoras, o que conlevará un maior peso da CGT no Comité. Estos resultados reflicten o bo traballo realizado pola Sección Sindical nos últimos anos.

Parabéns aos compañeiros e compañeiras da sección sindical da CGT en Atento.

CGT A Coruña

 

Crónica da Xornada Folga do 14N na Coruña (II)

Logo de finalizado o piquete confederal que, partindo da Praza da Leña, percorreu as rúas mais céntricas da cidade, comenzou a Manifestación convocada pola CGT conxuntamente coa CUT. Dous milleiros de persoas conformaron unha combativa e ruidosa manifestación con berros a favor da Folga Xeral e contra as medidas antiobreiras do goberno. Ao chegar a Praza de Ourense, a manifestación confluiu coa manifestación convocada polos sindicatos chamados maioritarios, continuando o mesmo percorrido ata chegar ao Obelisco, onde se deu lectura aos manifestos das organizacións convocantes e rematou a manifestación cunha grande traca, percusión, e berros reclamando unha nova Folga Xeral.

Nos momentos de redactar esta crónica está rematando, diante da sé do PP, a actividade dun novo piquete que percorreu as rúas comerciais do centro da cidade dende o Obelisco, sen terse rexistrado ningún incidente.

CGT da Coruña

 

 

Crónica da Xornada Folga do 14N na Coruña

Dende as nove da noite e durante a madrugada houbo gran actividade de piquetes con presenza de traballadores da CGT recorrendo empresas e polígonos. Na empresa Zara Logística, no polígono de Sabón, un grupo de máis de douscentos traballadores se ten concentrado nas entradas coincidindo cós cambios de quenda de traballo. O seguimento da folga en Zara Logística está a ser prácticamente total en tódolas quendas. Houbo unha grande presencia policial incluindo unn helicoptero policial sobrevoando en todo momento a entrada da factoría e vixilando a presencia dos piquetes. Houbo pequenos incidentes, con algún golpe e identificacións por parte de guardia civil.

En CESPA, a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, un grande piquete con presencia confederal impediu a salida dos camións e a recollida da cidade quedou paralizada. Read More

 

Manifestación do 14 de novembro

A CGT da Coruña convoca, conxuntamente coa CUT, o próximo día 14 de novembro, día da Folga Xeral, unha manifestación que sairá, ás 12:30 horas, da Praza de Portugal e rematará na Delegación do Goberno.

A CGT quere manifestar que intentou que a manifestación fose unitaria, pero se lle indicou que «A cabeceira estaba pechada», pero que «estarían encantados de que participásedes ao final coa vosa propia parafernalia». Ante esta situación, que supón que os traballadores afiliados á CGT teñen unha categoría inferior ao dos sindicatos malchamados maioritarios, decidiuse que se celebraría unha manifestación diferenciada con aqueles que non tivese tais actitudes discriminatorias.

CGT da Coruña

 

Chamamento da CGT da Coruña á Folga Xeral

O DÍA 14, PAREMOS O PAÍS, PAREMOS AOS MALFEITORES

A CGT convoca, o próximo 14 de novembro, en coincidencia co resto de centrais sindicais, un Paro Xeral de 24 horas para protestar pola política antiobreira e antisocial do goberno e esixir a derrogación das medidas de reforma laboral e dos recortes de dereitos en todos os eidos. Esta protesta coincidirá tamén coas mobilizacións na maior parte de países europeos, así como con folgas xerais en Portugal, Italia, Grecia, Chipre e Malta.

Para a CGT, a situación que están pasando as clases populares, ante a indiferenza do poder, é intolerable. Case seis millóns de persoas sen traballo, preto de dous millóns de familias con todos no paro, máis de 500 familias que perden a súa vivenda cada día, un 20% da poboación en risco de exclusión e 8 millóns de nenos por baixo do albor de pobreza. Se a isto lle engadimos os recortes en educación, sanidade e dereitos laborais, teremos una fotografía arrepiante que hai que atallar. Read More

 

Concentración contra as medidas antiobreiras do goberno e a prol da Folga Xeral

A CGT da Coruña convoca unha concentración o día 31, mércores, ás 19:30 horas, no inicio da Rúa Real, da Coruña, no cruce da Rúa do Agar, en protesta polos recortes e as medidas antisociais do goberno e a prol do Paro Xeral de 24 horas que terá lugar o día 14 de novembro.

Para a CGT, a situación na que se atopan os traballadores e a poboación máis débil é intolerable e merecente da mobilización máis rotunda do pobo. A CGT considera que non se pode manter unha actitude de submisión e mansedume cando hai casi seis millóns de parados, 500 desafiuzamentos diarios e un 20% da poboación en grave risco de exclusión. Por iso non pode haber nin tregua nin descanso para os que se están beneficiando da chamada crise nin para aqueles que, desde o poder, a utilizan para deixar sen dereitos aos que non teñen culpa dos seus desmáns.

NON QUEDES NA CASA E SAE Á RÚA A BERRAR!

CONTRA A EXPLOTACIÓN E AS POLÍTICAS QUE NOS LEVAN Á MISERIA!

VIVA A FOLGA XERAL!