O pasado luns, día 6, celebráronse no centro de traballo de Atento da Coruña as eleccións sindicais, nas que a candidatura da CGT foi a máis votada, obtendo seis delegados.
| 2017 | 2012 | ||
| VOTOS | REPRES. | REPRES. | |
| CGT | 161 | 6 | 4 |
| UGT | 121 | 5 | 6 |
| CIG | 66 | 3 | 3 |
| USO | 57 | 2 | 1 |
| CCOO | 27 | 1 | 3 |
Estes resultados supoñen o recoñecemento do traballo durante estes catro anos, nos que houbo que facer fronte non só ás falcatrúadas da empresa (sancións, acoso, dous ERE, etc.), senón tamén á actitude de algúns sindicatos, que se convertiron no brazo da empresa.
Comité Local da Coruña