A Europa capitalista decláranos a guerra a todos os traballadores, sen distinción. As derradeiras «Directivas» europeas non disimulan a brutalidade do ataque recibido:

– Xornada laboral de ata 65 horas semanais
– Reactivación da Directiva Bolkestein contra a igualdade no traballo
– Intensificación da degradación e privatización dos servizos públicos
– Tratamento de inmigrantes como delincuentes
– Promulgación de leis especiais, reglamentacións e promoción de actitudes racistas e xenófobas abertamente discriminatorias para nos enfrentar entre nos, para rachar a solidariedade humana.

Por estas razóns,

A CGT DE PONTEVEDRA E VILAGARCÍA CONVOCA:

CONCENTRACIÓN – MITIN
Días: 27 de xuño (en Pontevedra), 2 de xullo (en Vilagarcía)
Hora: 8,00 da tarde
Lugar: Praza da Pedreira (Pontevedra) e Praza de Galicia (Vilagarcía)

Comparte esta entrada ...