Na asemblea celebrada onte, 30 de maio, na sede de CGT-Arousa, as traballadoras de Alfageme decidiron concentrarse o próximo martes, día 5 de xuño, ás 12 do mediodía, diante da Audiencia Provincial de Pontevedra.
A día de hoxe estamos pendentes de que pola Audiencia Provincial de Pontevedra se resolva o recurso plantexado contra os "avales" otorgados pola Xunta de Galicia ós propietarios de Alfageme, por valor de máis de 30 millóns de euros.
Coincide este feito coa sentenza dictada a semán pasada polo Xuzgado nº 3 do Mercantil, con sede en Vigo, pola que se condena ós propietarios de Alfageme -na persoa de Gustavo Lago- a cinco anos de inhabilitación, como responsables de ‘concurso culpable", precisamente en Alfageme.
Nestas circunstancias, a CGT manifestaráse diante do Palacio de Xustiza de Pontevedra, para reclamar de novo que a Audiencia dicte sentencia -sexa cal sexa o sentido do seu veredicto- coa celeridade necesaria. E, deste xeito, poida desbloquearse o proceso de subasta definitiva das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia e adquirilas o grupo empresarial que garantiza a continuidade da actividade conserveira en ambas factorías e manteña os postos de traballo, con todos os seus dereitos, da plantilla de Alfageme na Arousa.
Hemos de ter en conta, que a lentitude imposta polo procedimento xudicial para resolver este tipo de recursos, está sendo utilizada pola Xunta de Galicia para ‘escaquearse" da súa responsabilidade e non ter que afrontar as consecuencias de ter apoiado, política e económicamente, os plans da inmobiliaria Promalar para facerse cos solares das fábricas de Alfageme, principalmente a de Vigo, pechar as factorías, mandar o paro a centos de traballadores, e dedicar os terreos a operación ‘ladrillo".
CGT Arousa

Comparte esta entrada ...