A CGT celebrará a manifestación do 1º de Maio en Pontevedra, con saída ás 13,00 h, da Praza da Ferrería, baixo o lema "Polo reparto da riqueza e o traballo, a loita continúa".
Unha vez máis, a iniciativa de CGT-Pontevedra para celebrar en Pontevedra unha manifestación unitaria con outras centrais sindicais con presencia na cidade fracasou. Nesta situación, a asamblea de CGT-Pontevedra, decidiu manter a súa convocatoria propia de manifestación do 1º de Maio, con saída ás 13:00h, dende a Praza da Ferrería ata a Subdelegación do Governo.

Comité Local CGT-Pontevedra

Comparte esta entrada ...