CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/cronica-da-manifestacion-unitaria-contra-os-recortes-na-coruna/ Export date: Fri May 2 4:06:30 2025 / +0000 GMT |
Crónica da manifestación unitaria contra os recortes na Coruña![]() A CGT da Coruña reuniu un moi numeroso, activo e combativo grupo que foi animando o percorrido da manifestación, a ritmo de percursión e coreando lemas como "Fai falta xa, unha folga xeral", "Que si, que si, Â que a reforma e os recortes pra Mariano e pra Botín", "Obreiro despedido, patrón colgado", "Aqui estamos, nós non pactamos", ..., xunto con membros de varias asambleias locais do 15M e outros movementos sociais coruñeses, así como centos de persoas animadas polo caracter reivindicativo e participativo do grupo anarcosindicalista. A masiva resposta da clase traballadora ante os recortes e as reformas do goberno e o capital demostra que é preciso continuar a respostar de xeito contundente aos ataques aos que estamos sendo sometidos os traballadores e traballadoras, dende a unidade na loita e na mobilización de todas as organizacións sindicais cara a unha Folga Xeral no outono, como ven reclamando a CGT dende o pasado mes de marzo. |
Post date: 2012-07-19 23:18:07 Post date GMT: 2012-07-19 22:18:07 Post modified date: 2012-07-19 23:23:07 Post modified date GMT: 2012-07-19 22:23:07 |
Export date: Fri May 2 4:06:30 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |