|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-de-vigo-apoia-as-mobilizacions-dos-movementos-sociais-contra-os-recortes-nas-axudas-sociais/ Export date: Thu Dec 4 7:52:05 2025 / +0000 GMT |
A CGT de Vigo apoia as mobilizacións dos movementos sociais contra os recortes nas axudas sociais A CGT de Vigo apoia as mobilizacións convocadas pola plataforma de movementos sociais da cidade. Ademais da acampada que continúa no Monte do Castro, mañá, sábado 18 de outubro,  a partir de las 11 horas, está convocada unha concentración diante do edificio da Xunta na praza da Estrela.Con esta concentración se quere denunciar e reivindicar que se dedique máis fondos ás axudas sociais: Risga, axudas de emerxencia municipal, vivendas sociais, reapertura do local do programa Sereos, contratación de máis traballadores e traballadoras sociais, ... No transcurso da concentración está previsto o reparto de preto de 10.000 panfletos, moitos deles en inglés, entre a poboación da cidade e os case 15.000 turistas que chegarán a Vigo en tres barcos. F.L. de CGT de Vigo |
|
Post date: 2014-10-17 18:40:13 Post date GMT: 2014-10-17 17:40:13 Post modified date: 2014-10-17 18:42:55 Post modified date GMT: 2014-10-17 17:42:55 |
|
Export date: Thu Dec 4 7:52:05 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |