CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/xornadas-libertarias-na-coruna-charla-de-octavio-alberola/
Export date: Sat Feb 4 9:19:51 2023 / +0000 GMT

Xornadas Libertarias na Coruña: Charla de Octavio Alberola


octavio-alberola-cgtO vindeiro luns, 14 de outubro, ás 19:30 horas, se celebrará na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto, no Campo de Marte, unha Charla Coloquio baixo o título "A emancipación social: delegación ou autoxestión?. Ensinanzas de século e medio de loita", con Octavio Alberola, historiador e loitador libertario contra o franquismo.
Octavio Alberola, nacido en Alaior (Menorca) en 1928 e residente en Perpignan (Francia), foi un activo loitador libertario contra o franquismo. En 1939 chega a México cos seus país e logo comeza a súa militancia anarquista, primeiro nas Xuventudes Libertarias e logo na CNT no exilio, tanto en México como logo de regreso en Europa. En 1962 forma parte da organización clandestina "Defensa Interior" constituida polo Movemento Libertario. Na actualidade participa en activamente na recuperación da memoria histórica libertaria como o "Grupo pola revisión do proceso Granado-Delgado" que, desde 1998, está a reclamar a anulación das sentencias franquistas.
Esta charla enmárcase no programa das Xornadas Libertarias que está a desenvolver a CGT da Coruña con carácter previo ao XVII Congreso Confederal da CGT que terá lugar na nosa cidade.
Dende o pasado día 4 ata o vindeiro 16 de outubro, se pode visitar no vestíbulo da UNED da Coruña, unha exposición sobre o Esperanto que constitue un percorrido pola historia e a actualidade desta lingua universal, creada por Lázaro Zamenhof e tan vencellada ao movemento libertario.
Post date: 2013-10-12 11:18:11
Post date GMT: 2013-10-12 10:18:11

Post modified date: 2013-10-12 11:24:50
Post modified date GMT: 2013-10-12 10:24:50

Export date: Sat Feb 4 9:19:51 2023 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com