|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/vitoria-xudicial-de-cgt-no-porto-de-vigo/ Export date: Sat Jul 11 1:53:03 2026 / +0000 GMT |
Vitoria xudicial de CGT no Porto de Vigo![]() O Sindicato de Oficios Varios de Vigo celebra a histórica sentenza do Xulgado do Social N°4 de Vigo como consecuencia da demanda interposta contra a empresa Tecnocontrol. Esta sentenza recoñece os reiterados e graves incumprimentos sistemáticos do Convenio Colectivo das Industrias do Metal por parte da empresa Tecnocontrol, adxudicataria do servizo de mantemento do porto de Vigo, en materia de vacacións, calendario laboral, distribución irregular da xornada, descansos, cuadrantes, quendas e traballo en festivos. Este fallo xudicial marca un punto de inflexión nas relacións laborais do porto, obrigando ao cumprimento íntegro do convenio e ao pago dunha indemnización polo últimos tres anos de vulneracións. A sentenza obriga á empresa a realizar os seguintes cambios para respectar os dereitos dos traballadores:
Durante máis de 20 anos, a Autoridade Portuaria de Vigo, co único obxectivo de abaratar custos nas licitacións, consentiu e fomentou un modelo de xestión baseado na precariedade e o menoscabo dos dereitos dos traballadores e traballadoras. A sentenza do Xulgado do Social N°4 non só pon fin a esta dinámica de abusos, senón que senta un precedente claro: non se pode facer negocio á conta dos dereitos fundamentais da clase traballadora. Esta vitoria xudicial reforza a nosa firme oposición a calquera proceso de privatización que teña como consecuencia o empeoramento das condicións laborais para maximizar os beneficios. Desde CGT, levamos meses denunciando o incumprimento do convenio por parte de Tecnocontrol, incluso sufrindo represalias contra a nosa militancia, como ocorreu en novembro, cando un compañeiro foi agredido pola policía portuaria mentres denunciaba estes incumprimentos. Aínda por riba, ademais de ser agredido pola policía, o noso compañeiro foi acusado falsamente de ser el o agresor, o que se demostrou falso cando a xustiza arquivou a denuncia da policía contra o compañeiro, igual que agora tamén nos da a razón nos incumprimentos por parte de Tecnocontrol polos que protestabamos. Esiximos a Tecnocontrol e a Autoridade Portuaria o fin da represión da actividade sindical e o cumprimento inmediato e estrito da sentenza, así como o fin de calquera práctica que pretenda eludir a aplicación do convenio colectivo. A loita pola dignidade no traballo é irrenunciable. |
|
Post date: 2026-07-09 13:09:38 Post date GMT: 2026-07-09 13:09:38 Post modified date: 2026-07-09 13:09:40 Post modified date GMT: 2026-07-09 13:09:40 |
|
Export date: Sat Jul 11 1:53:03 2026 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |