CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/unisono-tamen-despide-durante-o-nadal-2/
Export date: Sat Sep 24 20:14:15 2022 / +0000 GMT

Unísono tamén despide durante o Nadal


Que Unísono despida a miúdo de maneira improcedente, é algo que xa non nos sorprende. Unísono quere estar á última en canto a esta moda e oleada de despidos, e como non, faise notar.



O pasado día 23 de decembro comunicou á Sección Sindical da CGT en Unísono Vigo a apertura dun expediente contradictorio á compañeira Alicia Moreiras Vázquez, da campaña RCI na cal ponse de manifesto unha evidente disminución do traballo de maneira voluntaria. A compañeira en cuestión, cursou baixa por IT na empresa o pasado mes de Outubro. Facendo mención a citada comunicación á disminución do rendimento nos meses de decembro de 2009 a Marzo de 2010. Esto fainos comprender que a empresa amosa a máis que unha actitude hostil hacia os seus traballadores.

Por se esto fora pouco, da á Sección un prazo de 48 horas dende a recepción do mesmo expediente ( 23 de decembro ás 16:10 horas) para realizar as alegacións oportunas. Prazo máis que insuficiente para convocar ó Comité de Empresa quen non foi notifican o inicio do expediente contradictorio.

Igualmente, e relacionado coa suposta falta de rendemento, e como elemento probatorio, faise indispensable o coñecemento dos criterios que a a empresa utiliza para calcular os porcentaxes de rendemento que especifica á comunicación da apertura do expediente contradictorio. Coma é coñecido pola empresa, estos criterios e xa a Inspectora de Traballo adverteu previamente á empresa que ten que informar ó Comité de Empresa dos varemos de calidade para que emitira un informe sobre os mesmos.

A día de hoxe continuamos sen ter claro que procedemento séguese para a realización das auditorias: mensual, trimestral o anualmente. Xa que dende que a traballadora cursou baixa por IT, non se fai mención ó "exhaustivo control de calidade" ( que non parece ser máis que un método sacado da familia Ruiz- Mateos " a dos flanes de ovo"). Posto que os meses anteriores e próximos á data do feito causante non fan mención.

Unísono mostra unha falta de espíritu navideño por moitos cestos de turrón entregue ós seus traballadores en activo e depositan a confianza en mandos intermedios sen unificación de criterios de valoración ós axentes e faltos de formación específica para impartir ós seus subordinados das tarefas a desenrolar na súa campaña. Este problema moitas veces desemboca en continuos desprezos, amenazas, sancións e incluso despidos ós seus axentes.

Post date: 2010-12-29 16:41:14
Post date GMT: 2010-12-29 15:41:14

Post modified date: 2010-12-29 23:21:44
Post modified date GMT: 2010-12-29 22:21:44

Export date: Sat Sep 24 20:14:15 2022 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com